Pin It

Widgets

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FENE CONMEMORARÁ O “DÍA DA BIBLIOTECA” COAS PARÁBOLAS DE PAKOLAS



A ACTIVIDADE, PREVISTA PARA O MARTES 24 DE OUTUBRO ÁS 18 HORAS, ESTÁ DIRIXIDA A NENOS/AS DE 3 A 10 ANOS

"As Parábolas de Pakolas" é un espectáculo de pequeno formato no que Paco Cerdeiras, “Pakolas”, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para os mais pequenos. O eixo fundamental radica na combinación das cancións coas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto, unha fermosa "parábola" musical da que aprender e na que pensar.

A actividade, prevista para o vindeiro martes 24 de outubro ás 18 horas, está dirixida a nenos/as de 3 a 10 anos. A entrada será libre até completar o aforo.

As parábolas de Pakolas encádrase dentro do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

DÍA DA BIBLIOTECA 2017

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano os elexidos foron o Premio Nacional de Literatura Infantil 2016, Alejandro Palomas, e o ilustrador Manuel Marsol, último gañador do Premio Internacional de Ilustración Feira de Bolonia-Fundación SM.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.