ULTIMAS NOTICIAS

Pin It

Widgets

Multitudinaria recepción aos mellores deportistas feneses da tempada 2016/17

Publicado por Jacobo Aguilar Sardina ~ lunes, 30 de octubre de 2017



A Corporación Municipal de Fene homenaxeou o pasado venres aos deportistas das escolas e clubs feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017.  No acto, celebrado nas instalacións do CCRD de Perlío, recoñeceuse tamén o traballo dos deportistas feneses que, aínda pertencendo a outros clubs da bisbarra,  acadaron podio en competicións oficiais a título individual.

A homenaxe, organizada pola Concellería de Deportes, tiña como obxectivo, salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o recoñecemento do Concello de Fene pola calidade dos seus deportistas.

Numeroso público arroupou nesta recepción aos homenaxeados que recibiron un pequeno agasallo da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, do concelleiro de Deportes, Justo Martínez, e dos/as tamén concelleiros/as da Corporación Municipal. Sandra Permuy, Mariela Aguilar, Gumersindo Galego, Ana Novo, Amalia García e César Martínez.

O acto contou coa presenza de deportistas dos clubs Artes Marciais Fene (Kárate e Judo), O son de cociña / Unidade de Fene (fútbol sala), Cultural Maniños (fútbol feminino), CAS Nautilus (fotografía submarina), Club Atletismo Fene, CLS Limodre (chave), Club Ximnasia Artística Ferrolterra, Fusion Dance, Escudería Scratch Fene, Club BTT, e dos deportistas feneses Noelia e Sergio Cob Álvaro (patinaxe freestyle) e Marcos Ruiz Brage (triatlón).

Os homenaxeados foron:

ARTES MARCIAIS FENE – KÁRATE


o   Icía Castro Tomé:
Campeona provincial e galega en kata individual. 4º posto en kata individual no Campionato de España. Categoría Alevín Feminino. Subcampiona galega por equipos na categoría Infantil.

o   Aimar Iglesias Bañobre: 
Campión provincial en kata individual. 3º clasificado en kata individual. Categoría Alevín Masculino.

o   Josu Arnoso Cruz :
Subcampión provincial en kata individual na categoría Infantil Masculino. Subcampión galego en kata por equipos na categoría Infantil.

o   Andrea Sánchez Maceiras:
3ª clasificada provincial en kata individual na categoría Infantil Feminino. Subcampiona galega en kata por equipos na categoría Infantil.
o   Ariadna Castro Tomé:
3ª clasificada en kata individual categoría Xuvenil Feminino. 3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil.

o   Noelia  Penabad Garrote:
3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil

o   Sara Penabad Garrote:
3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil

ARTES MARCIAIS FENE – JUDO


o   Alba Martínez García

Subcampiona provincial na categoría Cadete, de menos de 52 kg. Cinturon Negro de Judo I Dan.


“O SON DE COCIÑA” UNIDADE DE FENE – FÚTBOL SALA


o   Equipo Infantil
Campión de Liga e de Copa na Liga local de fútbol sala 2016/2017. Foron os máximos goleadores e os menos goleados da súa categoría. Os integrantes deste combinado son: Aaron Martinez Cociña, Raul Rey Varela, Pablo Pita Ares, Ignacio Saavedra Barbero, Yerai Couceiro Rendueles, Diego Crespo Rivera e Adrian Martinez Tornin. Adestrador: Bruno A. Carballo Dopico. Delegado: José Rendueles Padin

o   Diego Crespo Rivera
Convocado pola selección de Ferrolterra de Fútbol Sala coa que se proclamou campión galego de seleccións locais.
o   Adrián Martínez Tornín
Convocado pola selección de Ferrolterra de Fútbol Sala coa que se proclamou campión galego de seleccións locais. Convocado coa Selección Galega para desputar o campionato de España de seleccións, proclamándose campión de España coa selección galega da súa categoría.

CLUB ATLETISMO FENE

o   Melina Alonso Aradas

Campiona absoluta na Carreira da Amaía, de Brión. Subcampiona galega absoluta de 10 kilómetros en ruta. Subcampiona absoluta  no Cross Joaquín Romero. E acadou un meritorio 8º posto na categoría Senior na carreira Coruña 10.


CLS LIMODRE – CHAVE


o   Equipo “Cantina Local Social de Limodre”

Campión de Liga na tempada 2016/2017. Ademais, nun dos trofeos do último campionato, o máximo chaveiro da proba foi un dos membros do CLS Limodre, Luis, con 683 chaves e unha media de 16,26.

SERGIO E NOELIA COB - PATINAXE FREESTYLE


o   Sergio Cob Álvaro, do club Sobre Rodas.

Campión Galego Xunior na modalidade de salto.

o   Noelia Cob Álvaro, do club Sobre Rodas

Campiona Galega Xuvenil en salto e Campiona de España Xuvenil en salto.

FUSION DANCE – BAILE URBÁN


o   Doble H Kidz.

Grupo de baile urbán da academia Fusion Dance de Fene, formado por 13 nenas de entre 5 e 8 anos (Mencia Fernandez, Clara Pena, Helena Muñoz, Alejandra Rey, Africa Gomez, Melissa Mendez, Noelia Rodriguez, Zeltia Dopico, Noa Fernandez, Alejandra Seijo, Blanca Vazquez, Irene Rojo e Ruth Testa). Monitora: Laura Mosquera.

Doble H Kidz comezou a concursar en distintos certames a nivel nacional en 2016, colleitando éxitos moi pronto, mesmo en categorías superiores. Así, en 2016 o grupo proclamouse campión na categoría Baby no Funk Lag 2016, de León. Acadou o 6º posto na categoría Infantil no Vigo Porté (evento Internacional de disciplina de baile) e o 3º posto na categoría Baby no Campionato de España de Hip hop Internacional 2016

Este ano, Doble H Kidz continuou traballando e conquerindo premios: 1º posto na categoría Baby no Funk Lag 2017; 2º na categoría Infantil no Vigo Porté e 2º posto na categoría Baby no Urban Display (Campionato de España Irene Pallarés). Este último premio deulles o pase para o Campionato de Europa no que as fenesas conseguiron un meritorio 3º posto.

o   Kinder Quest

Tamén na disciplina de baile urbán, Kinder Quest é un grupo de categoría infantil que acadou este ano o primeiro posto na competición mais importante de Galicia, o VIGO PORTÉ 2017. Ademais, Kinder Quest foi 4º no  FUNK LAG DE LEÓN 2017 e clasificouse sexto no campionato de España 2017 para o de Europa (no que quedou 4º na súa categoría).

Kinder Quest son: Susana Fernandez, Nerea Varela, Nerea Castro, Noa Bastida, Alba Grandal, Sara Pouso, Andrea Prieto, Candela Castro, Zeltia Dopico, Mencia Fernandez e Noelia Rodríguez. Monitora: Laura Mosquera Pedre.

CAS NAUTILUS – FOTOGRAFÍA SUBMARINA


O Club de Actividades Subacuáticas Nautilus  participou en 2017 no Circuito Galego de Fotosub e no Campionato Galego de Fotografía Submarina, evento celebrado a finais do pasado mes de agosto en Portonovo. O fotógrafo Alfredo Rodríguez e o cofotógrafo Fernando Pazos, do C.A.S. Nautilus,  proclamáronse subcampións da proba autonómica.

Pero tamén cómpre salientar os bos resultados colleitados por estes dous deportistas do club fenés no Circuito Galego de Fotosub que constou, nesta edición, de tres probas: os campionatos de Fotosub da Mariña Lucense, Boiro e Cidade da Coruña

No II Fotosub A Mariña 2017, Alfredo Rodríguez e Fernando Pazos remataron no 2º posto da clasificación. No Campionato Fotosub Boiro foron 4ºs e no XXI Campionato Cidade da Coruña-9º Memorial Fernando Torreiro subiron ao alto do podio ao proclamarse campións da proba.

CLUB XIMNASIA ARTÍSTICA FERROLTERRA - XIMNASIA ARTÍSTICA


Categoría Escolar 1 (6-8  anos)

o   Leire Mardaraz.

Medalla ouro en salto e medalla de prata en chan no I Torneo Concello de Fene. Medalla de prata en Salto, ademáis de subcampionas  galegas no Campionato  Galego Escolar.

o   María Fuentes:

Medalla de bronce en chan, no I Torneo Concello de Fene. Terceira Clasificada na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en barra, e medalla bronce en salto,ademáis de subcampiona por equipos no Campionato  Galego Escolar.

o   Mireia Astray:

Medalla de bronce en asimétricas, no I Torneo Concello de Fene. Subcampiona por equipos no Campionato  Galego Escolar.

o   Alba Couto:

Medalla de prata en asimétricas,no I Torneo Concello de Fene. Subcampiona por equipos no Campionato  Galego Escolar.

Categoría Escolar 2 (8-10 anos)

o   Nadia Drafate:

Medalla ouro en Asimétricas, no Campionato  Galego Escolar.

o   Candela Couce:

Medalla de prata en salto, no Campionato  Galego Escolar.

o   Sabela Bastida:

Medalla de ouro en salto e chan, no I Torneo Concello de Fene. Subcampiona galega na xeral dos catro aparatos, medalla de bronce en asimétricas, no Campionato  Galego Escolar.

Categoría Inigym 1 (5-6 anos)

o   Emma Ares Viñas:

Medalla de Ouro en asimétricas e barra, no I Torneo Concello de Fene. Campiona Galega na xeral Inigym 1, Campionato Galego Inigym/ Promogym.

Categoría Inigym 2 (6-7 anos)

·       Irene Sequeiro Lorenzo:
Medalla de ouro en chan e medalla de prata en salto, no I Torneo Concello de Fene. Campiona Galega na xeral Inigym 2, Campionato Galego Inigym/ Promogym

Categoría Promogym 1 (7,8 e 9 anos)

o   Icia  Arroyo Alvarez

 Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en asimétricas e chan e medalla de prata en barra no Torneo Promogym do RGC Covadonga. Campiona galega en chan, no Campionato Galego. Campiona na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Medalla de bronce en Asimétricas no campionato de España,  competindo con só  7 anos a un altísimo nivel contra outras 65 ximnastas de 7,8 e 9 anos.

Categoría Promogym 3 (para máis de 10 anos)

o   Ainhoa Tenreiro Mosquera:
Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en chan e barra, e prata en asimétricas no  III Torneo Universidade da Coruña. Subcampiona na xeral dos catro aparatos e bronce en asimétricas no Torneo Promogym do RGC Covadonga. Campiona por equipos, xunto as súas compañerias, no Campionato Galego na categoría de Promogym 3. Campiona na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Medalla de bronce en Salto no campionato de España, na cal competía contra 103 ximnastas e conseguindo a primeira medalla nun campionato de España para o Club.

o   Thyesha Vicente Humpries:

Medalla de Bronce en Salto no Torneo Promogym do RGC Covadonga. Terceira Clasificada na Xeral dos catro aparatos e Ouro en barra ,ademais de Campiona Galega por equipos no Campionato Galego na categoría de Promogym 3. Terceira Clasificada na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Participou no campionato de España cunha moi boa actuación.

o   Judith Lago Varela:

Subcampiona Galega na Xeral dos Catro Aparatos, Ouro en Asimétricas e Bronce en Chan, ademáis de Campiona Galega por equipos no Campionato Galego na categoría de Promogym 3. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

o   Alba Iglesias Gómez e Paula Parada Rodríguez :

Campionas por equipos, no Campionato Galego

Categoría Nivel 1 (7-8-9 anos)

o   Andrea Martín Iglesias:

Medalla de bronce en Salto, Barra e Chan, no Campionato Galego de Niveis. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

o   Alba González Gorgullo: 

Terceira clasificada na xeral dos catro aparatos e medalla de prata en Asimétrica, no Campionato Galego de Niveis. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

o   Lola Caínzos Díaz:

Subcampiona Galega na xeral dos catro aparatos, medalla de prata de barra e chan e medalla de bronce en asimétricas, no Campionato Galego de Niveis. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.


Categoría Nivel 2 Pequenas (até 11 anos)

o   Cintia Fernández Sanmartín:

Terceira Clasificada na xeral dos catro aparatos, medalla de bronce en salto e asimétricas, no Campionato Galego de Niveis. Terceira Clasificada no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

o   Tatiana López Rivas:

Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en salto, paralelas, chan, e medalla de prata en barra,no Campionato Galego de Niveis. Subcampiona no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

CLUB BTT FENE - CICLISMO DE MONTAÑA


o   Carlos Otero Amor

Compite en ciclismo de montaña XC Maratón. Categoría Master 50.
Rematou a tempada 2016/17 como subcampeón galego da Transgalaica, campeonato que consta de 4 carreiras, das cales, en dúas subiu ao podio. En Cotobade chegou a meta en terceiro lugar e en Vigo rematou de 2º.

Tamén foi 2º, proclamándose subcampeón, no Open Galego de XC Maratón no que subiu a podio en todas as carreiras (foi 3º en Mondoñedo, 2º en Rois, 3º en Rianxo e 2º en Vilalba). Por último, salientar que obtivo moi bos resultados no Campionato Galego de XC Olímpico. Foi 4º en Cambre e 5º en MOntefaro.

o   Daniel Carreiro Vázquez

Compite en ciclismo de montaña XCM/XC OLÍMPICO, na categoría élite masculino. Na actualidade forma parte do top ten de ciclistas galegos de maratón e XC, na súa categoría. 

Na tempada 2016/17 proclamouse campión galego de XC, tralos bos resultados colleitados nas probas que tiveron lugar en Mugardos (onde foi 3) e Ferrol e Ledoño (6º). Tamén acadou bos resultados na Transgalaica 2017 e na Ultramaratón con probas de alto nivel como os 4 Picos Bike RACE (onde acadou o posto número 15 de 1500 participantes), a 101 peregrinos (onde quedou de 14 de 2000 participantes) ou os 10.000 del Soplao, en Cabezón de la Sal (onde finalizou no número 84 de 5.000 participantes)

SCRATCH FENE – AUTOMOBILISMO


o   Equipo formado por Édgar Vigo e Fátima Ameneiro

Subcampión de España de Ralis de Terra para vehículos do Grupo N no ano 2016. O campionato constou de 8 probas en distintos puntos da península: Lorca, Navarra, Curtis, Ponferrada, Cervera, Plasencia, Cártama e Pozoblanco. Anteriormente, en 2015, Edgar e Fátima xa foron Campións de España de Ralis de Asfalto na mesma categoría. E nesta tempada, a falta de 2 carreiras para o final da competición, o equipo xa ten garantizado o Campionato de España de Ralis de Terra para Vehículos Históricos.

o   Fátima Ameneiro

Campiona de España de Copilotos Femininas en Asfalto e en Terra. Primeira galega e segunda muller española en conseguir o título.

MARCOS RUIZ BRAGE_- TRIATLON


o   Marcos Ruiz Brage. Atleta do Club Triatlón Ferrol.

Campeón Galego Triatlón Junior. Subcampeón Galego de Acuatlón Absoluto. Subcampeón Galego de Duatlón Contrarreloxio. 4º Campeonato España Acuatlón Junior e no clasificatorio do Triatlón de Madrid Élite. 7º Campeonato España Duatlón Junior. Convocado coa selección Galega Absoluta.


CULTURAL MANIÑOS FEMININO SD – FÚTBOL


.  Equipo Campión de Liga con dúas xornadas de antelación. Campión de Copa - ao superar na final ao CF San Sadurniño-, Campión Provincial, ao derrotar en semifinais ao Ural de A Coruña e na final ao Racing de Ferrol. Gañador da III Copa AFACO en A Capela e de todos os Torneos de verán, salientando o prestixioso Torneo Concello de Mugardos.

Ademais, a xogadora do Cultural Maniños Feminino Rebe Veiga foi a máxima goleadora da competición. Vane Galego, a porteira menos batida. Moka Vila foi nominada a mellor xogadora da liga e o adestrador Penano ao mellor míster na Gala do Fútbol de Ferrolterra.

En todas as competicións oficiais (liga, copa e provincial) o equipo marcou 201 goles e encaixaron 29, en 38 partidos. Ou o que é o mesmo, acadaron máis de 5 goles a favor en cada partido xogado. 

O equipo está formado por: Vanesa Galego, Su Insua, Nuria Vicente, Sarita Pena, Cris Silvar, Uxía Vázquez, Carmen Colodrón, Lucía Seoane, Mónica Martínez, Carol Castro, Rebe Veiga, Iria Cabana, Pau Varela, Lore Castro, Anita Fontán, Moka Vila, Laura Miraz, Izu Rodríguez e Maite SeijO. Delegado e adestrador: Uxío Romero e Fernando Aneiros “Penano”















Categories
Tags

Artículos Relacionados

No hay comentarios:

Dajanos tu comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Google+ Followers