Pin It

Widgets

Os conselleiros de Sanidade e Política Social coñecen a nova Unidade de Saúde Mental Infanto-xuvenil da Xerencia Integrada de Ferrol


Esta nova Unidade está emprazada no terceiro andar do Hospital Naval de Ferrol, implicada cos Servizos de Saúde Mental, Pediatría e Rehabilitación

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; e o de Política Social, José Manuel Rey Varela, coñeceron esta mañá a nova Unidade de Saúde Mental Infanto-xuvenil da Xerencia Integrada de Ferrol. Esta unidade potencia a atención á Saúde Mental dos máis novos creando un dispositivo específico, que comezaba a funcionar a principios deste mes, no terceiro andar do Hospital Naval do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. Trátase dunha Unidade dirixida á atención ambulatoria de pacientes menores de 16 anos que presenten un trastorno mental, especialmente aquelas patoloxías caracterizadas pola complexidade da sintomatoloxía.

A Xerencia Integrada de Ferrol traballou na coordinación funcional desta nova Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil co Servizo de Psiquiatría, do que pasa a formar parte; e integrarase fisicamente coa área de Atención Pediátrica Ambulatoria, que englobará a Área de Consultas Externas de Pediatría, a Unidade de Atención Temperá -actualmente emprazada no Hospital Novoa Santos- e a Unidade de Saúde Mental infanto-Xuvenil, garantido así unha abordaxe multidisciplinar de cara á normalización dos problemas dos nenos. O equipo de atención estará formado por un especialista en Psiquiatría, un en Psicoloxía Clínica, un profesional de Enfermaría de Saúde Mental, un traballador social, e un profesional administrativo.

Con esta incorporación da nova Unidade á carteira de Servizos do Sergas -tal e como ocorre con estas unidades no resto da Comunidade Autónoma- realízase unha reestruturación da actividade de xeito que se poida prestar dunha forma compartida entre a área sanitaria ferrolá e a entidade que ata o momento traballou positivamente nese ámbito ata a actualidade a través de convenios de colaboración.


Organización da atención
Así, constitúese un equipo de profesionais cuxo obxectivo fundamental é o de ofrecer unha atención ambulatoria de calidade aos pacientes que lle sexan remitidos fundamentalmente dende o nivel de atención primaria e, no seu caso, tamén dende outros niveis asistenciais. Atenderá, ademais, as consultas urxentes e ingresos hospitalarios na Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, e proporcionará apoio e asesoramento aos servizos de atención primaria e a outros profesionais sanitarios.

Así, o acceso realízase principalmente dende os Servizos de Atención Primaria e consultas de Pediatría, aínda que tamén acceden pacientes tanto dende outros servizos especializados como, de xeito protocolizado, dende outros dispositivos asistenciais alleos, como Aspaneps, cos que se mantén unha estreita colaboración para atender aqueles problemas non psiquiátricos e máis enmarcados no entorno social e familiar do paciente. Estímase a abordaxe de en torno a 380 primeiras consultas anuais a esta poboación menor de 16 anos.

Funcións da nova Unidade
As funcións da nova Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol son as mesmas que para as Unidades de Saúde Mental (USM), e centradas na poboación entre os 0 aos 16 anos. A primeira delas é a función clínica e asistencial a nivel especializado xa mencionada, sendo a referencia dos Servizos de Atención Primaria de onde procederá fundamentalmente a demanda asistencial, atendendo aos pacientes remitidos; realizando actividades de interconsulta e de enlace intrahospitalario; e, tamén, asesoramento e derivación, de ser necesario.


Ademais, a Unidade de Saúde Mental Infantil participará en actividades de promoción da saúde e prevención da enfermidade mental, priorizando o apoio e asesoramento aos distintos dispositivos da rede de atención ao menor, tanto sanitarios como non sanitarios. A terceira das funcións da Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil é a de coordinación e xestión, para traballar cos demais recursos e dispositivos asistenciais de índole sanitaria e non sanitaria existentes, e, de xeito específico, cos de saúde mental da Xerencia. A Unidade encargárase de organizar o desenvolvemento das actividades que ten encomendadas, de tal xeito que se obteña o mellor aproveitamento dos seus recursos; e intervirá no seu control, incluíndo a elaboración de indicadores, memorias anuais, e outros documentos, onde se recollan as misións encomendadas e as actividades realizadas.

Por último, a función Investigadora, Formativa e Docente, isto é, a formación continuada dos diversos profesionais que forman parte do equipo, que deberá permitir unha mellor actuación dos mesmos, e unha oferta de servizos máis ampla e variada. Para iso, organizaranse sesións clínicas e bibliográficas específicas do propio equipo, que participará nas sesións xerais que teña programadas o Servizo de Psiquiatría do Complexo, á vez que considerará e poderá promover actividades con outros Servizos e Unidades

Fuente: Xunta de Galicia
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.