Pin It

Widgets

Ovidio Rodeiro felicita aos usuarios e traballadores da residencia de maiores de Ferrol con motivo do seu 41 aniversario


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá a residencia de Maiores de Ferrol en Caranza, con motivo do seu 41 aniversario. Para celebrar unha data tan sinalada nun centro de referencia na cidade de Ferrol o seu equipo directivo programou unha completa xornada festiva pensada para os usuarios e os seus traballadores.

A residencia, dependente da Consellería de Política Social foi inaugurada en 1977 e na actualidade dispón de 191 prazas das que 49 son de persoas dependentes e 142 para persoas con autonomía. Os residentes dispoñen de servizo de comedor e ademais dispoñen de diversos profesionais especialistas na rama asistencial cun cadro de traballadores que prestan servizos de médico, ATS/DUE, fisioterapia, terapia ocupacional, animadora sociocultural e traballadoras sociais.

Este centro de referencia en Galicia foi mellorado recentemente e atopase en continúa renovación. O ano pasado entraron en servizo as renovadas plantas 6ª e 7ª. Neste inverno tamén entrou en servizo unha nova instalación de caldeiras de calefacción na que logo da inversión de 200.000 euros é un referente tecnolóxico e ambiental, xa que consume pellets producidos en Galicia. Tamén neste mesmo ano fíxose a renovación das camas das prazas de dependencia.

Nesta residencia ofrécese un amplo abanico de posibilidades e actividades para os seus residentes e organizan diversas actividades e talleres como gerontoximnasia, manualidades, terapias cognitivas, proxeccións de cine, bingo, xogos tradicionais en cooperación con centros educativos, excursións e visitas culturais.

Ovidio Rodeiro interesouse polo seu funcionamento e destacou o gran acerto de compartir o espazo da residencia cun centro socio-comunitario que presta servizo a todo o barrio de Caranza. Nel estanse a desenvolver actividades como cafetería con bailes os xoves e venres, perruquería, biblioteca, podoloxía e actividades lúdicas.

O delegado territorial felicitou aos traballadores e mostrouse moi agradecido por ter a posibilidade de compartir con todos unha data tan especial. Rodeado dun gran ambiente festivo Ovidio Rodeiro destacou o importante esforzo que se está facendo dende a Xunta de Galicia neste ámbito. Dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo en 2009 ao goberno da Xunta incrementouse un 47,1% as prazas en residencias en Galicia, pasando de 11.126 a máis de 16.300.

Lembrou que a Xunta traballa co compromiso máis grande da última década en materia de gasto social e inversión en infraestruturas sociais. Neste senso destacou que un de cada cinco galegos é maior de 65 anos, isto é, o 21% da nosa poboación de aí a importancia de visibilizar o papel que xogan os nosos maiores na nosa sociedade. Así mesmo, apuntou que un dos pilares do estado de benestar é garantir a calidade de vida dos nosos maiores e todos os esforzos que se fan neste eido son unha prioridade para o goberno da Xunta.

Fuente: Xunta de Galicia
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.