ULTIMAS NOTICIAS

Pin It

Widgets

O Concello ofrece 240 prazas en “Verán máis Alá!”, un programa de conciliación da vida familiar e laboral centrado no ocio educativo

Publicado por Jacobo Aguilar Sardina ~ lunes, 28 de mayo de 2018


 A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, avanzou esta mañá que o Concello reeditará do 2 ó 27 de xullo “Verán máis Alá!”. A edil explica que con este programa o Concello quere contribuír á necesaria conciliación do traballo fóra da casa e o coidado dos fillos menores por parte das familias de Fene durante as vacacións escolares. Así mesmo, puxo en valor o carácter didáctico de “Verán máis Alá!”: “non se trata tan só dunha alternativa de lecer para nenos e nenas, senón que as actividades que realizarán profundizan nuns valores e ensinanzas, neste caso, en torno ó recoñecemento da diversidade a partir da propia identidade. De aí o lema que acompaña o proxecto: “Somos diferentes, somos iguais”. E todo isto, no idioma propio.

Así, “Verán máis Alá!” celebrarase do 2 ó 27 de xullo no CEIP Centieiras, dende as 8 ata as 14,30 h. Está dirixido ó alumnado escolarizado en Educación Infantil e Primaria, nados entre os anos 2006 e 2014. Aínda que arrancará cada día ás 8 horas, as familias poden achegar ós seus fillos dende esa hora e ata as 10 h, cando comece a actividade “Máis Alá!”, un espazo lúdico-educativo non regrado no que se practicará e fomentará o galego como lingua de uso, onde se promoverán contidos educativos transversais que respondan aos problemas sociais e que teñan presente a formación en valores: educación para a paz e a non violencia, a tolerancia e a solidariedade, a identidade e a diversidade, a igualdade social e de xénero, a educación para a saúde, o coidado medioambiental, o consumo sostible
Entre as propostas, haberá actividades artísticas utilizando diferentes materiais que maximicen o potencial creativo das pequenas e pequenos artistas; actividades formativas que apoien o currículo formal escolar, sen perder de vista o contexto lúdico e educativo no que se desenvolven: contafábulas, contos e xogos en inglés, ciencia divertida…; xogos cooperativos e populares, predeporte e deportes convencionais para favorecer a socialización, a cooperación, a tolerancia e o xogo limpo; actividades acuáticas, con xogos na auga nas instalacións da Piscina Municipal; excursións para coñecer o Concello e outros puntos da comarca, ou mesmo danza, música e teatro.

 Inscricións a próxima semana

Ofertaranse 120 prazas por cada quincena e a ficha de inscrición deberá entregarse no Departamento de Cultura e Deportes (Avenida Naturais, 44 entresollado dereita) nas seguintes datas: a veciñanza de Fene o mércores, 6 de xuño (de 8 a 19 horas) e o xoves 7 de xuño (de 8 a 14 horas) e, os veciños doutros concellos, o venres 8 de xuño (de 8 a 14 horas). Neste caso, só se quedan prazas vacantes, cuestión que se anunciará na web municipal www.fenecidadan.gal.

O luns 11 de xuño publicarase a listaxe dos participantes e, a partir de aí, poderá facerse o ingreso bancario (entregándose antes das 14 horas do venres 15 de xuño.

A cuota a abonar para todo o mes é a seguinte: primeiro membro da unidade familiar, 68,15 euros e, a partir do segundo, 36,70 euros. No caso da quincena, o primeiro membro abonaría 34,08 euros e, a partir do segundo, 18,35 euros.

Así mesmo, hai descontos para familias en situación de escasa capacidade económica que, incluso, poden chegar á deducción do 100%.

Categories
Tags

Artículos Relacionados

No hay comentarios:

Dajanos tu comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.

Google+ Followers