A entrega
dos galardóns coincidirá coa apertura, a cargo do contacontos Celso
Fernández, dun novo ciclo “Novembro, Mes
do Humor”
Coa
entrega dos premios “Curuxa do Humor 2017”, o Museo do Humor de Fene abrirá
este venres un novo ciclo “Novembro, Mes do Humor”. Nun acto que comezará ás 20
horas no salón de actos da Casa da Cultura de Fene, os debuxantes Borja Ramón
López Cotelo (“El primo Ramón”), Andrés Meixide, Andrés Simal e Andrés Garrido recibirán
da man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, e do concelleiro de Cultura, Justo
Martínez Ardá, os diplomas que os acreditan como gañadores do certame este ano.
Unha
hora antes, ás 19 horas, a Corporación Municipal de Fene recibirá aos autores
premiados na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura - Museo do Humor
onde se amosan, até finais do mes de novembro, os debuxos premiados e unha
selección das obras que se presentaron este ano ao certame.
O
xurado do XXI Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor”, reunido o pasado 20
de xuño nas instalacións do Museo do Humor de Fene, acordou por unanimidade
outorgar o Primeiro Premio “Curuxa 2017” ao debuxante Borja Ramón López Cotelo,
“El primo Ramón”, por unha obra titulada “O mellor amigo do home”. O xurado
salientou “o seu debuxo sintético e equilibrado, así como o tratamento que fai
da incomunicación derivada do abuso das novas tecnoloxías”. Tamén na categoría
“Curuxa” (maiores de 25 anos), o segundo premio recaeu nesta edición no debuxante
Andrés Meixide Gayoso, por unha obra titulada “Beeeeeeenvidos” na que salienta
“a súa capacidade de codificar a mensaxe con moi pouco texto, a boa resolución
gráfica e o manexo da cor”.
Na
categoría “Curuxa Nova” (menores de 25 anos) o primeiro premio foi para Andrés
Simal González, por “Un paseo sobrenatural”. O xurado salientou desta obra “a
súa temática, moi relacionada coa idiosincrasia propia do país, reflectida nun
debuxo moi orixinal, no que destaca a súa excelente execución técnica e dominio
da cor”. O segundo premio foi para Andrés Garrido Martín por “Triassic World”,
unha obra na que o xurado valorou, sobre todo, “a súa boa execución técnica, o
traballo da cor e a expresividade do debuxo”.
Segundo
informa a Concellería de Cultura de Fene, os premios para os autores gañadores
dos Premios Curuxa consistirá nun diploma e nunha gratificación económica que ascende
a 500 € para o segundo premio Curuxa Nova, 1000 € para o primeiro premio nesta
categoría, 1500 € para o gañador do segundo premio Curuxa e 2000 € para o do primeiro premio Curuxa.
O
xurado dos Premios Curuxa 2017 estivo formado polo alcalde de Fene, Juventino
Trigo, polo concelleiro de Cultura, Justo Martínez, polos debuxantes Xosé Lois
González Vázquez “O Carrabouxo”, Alberto Cardona Valcárcel (gañador do 1º
premio categoría Curuxa 2016) e Cristian Fojón Caruncho (gañador do 1º premio
categoría Curuxa Nova 2016), xunto coa coordenadora do Museo do Humor, Almudena
Marcos e o xestor de Actividades Culturais do Concello, Daniel Romero (que
actuou en calidade de secretario do certame).
NOVEMBRO, MES DO
HUMOR
O acto de entrega dos
Premios Curuxa coincidirá este venres, 3 de novembro, co comezo do ciclo de monólogos
“Novembro, Mes do Humor” que inclúe, como en edicións anteriores, catro espectáculos
para público adulto (os venres do mes de novembro, ás 20.00 horas).
Esta primeira función correrá a cargo do contacontos
lalinense Celso Fernández Sanmartín, “Celsiño”. As persoas que desexen asistir, tanto á entrega dos Premios Curuxa como
a este primeiro monólogo do ciclo, deberán recoller as súas invitacións (2 por persoa) o
mesmo venres na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 18.30
horas. Entrada de balde.
Na segunda sesión do
“Novembro Mes do Humor”, prevista para o venres 10 de novembro, actuará o actor
e humorista David Noya, e na terceira, o 17 de novembro, subirán ao escenario
da Casa da Cultura de Fene Isabel Risco e Fran Rey cun espectáculo titulado
“Falar sen cancelas”. O ciclo pecharase o venres 24 de novembro cun monólogo a
cargo de Pepe Capelán.
A Corporación Municipal de Fene
homenaxeou o pasado venres aos deportistas das escolas e clubs
feneses que acadaron podio en competicións oficiais durante a tempada 2016/2017. No acto, celebrado nas instalacións do CCRD
de Perlío, recoñeceuse tamén o traballo dos deportistas feneses que, aínda
pertencendo a outros clubs da bisbarra,
acadaron podio en competicións oficiais a título individual.
A
homenaxe, organizada pola Concellería de Deportes, tiña como obxectivo,
salientar o esforzo que supón acadar eses méritos deportivos e facer público o
recoñecemento do Concello de Fene pola calidade dos seus deportistas.
Numeroso público
arroupou nesta recepción aos homenaxeados que recibiron un pequeno agasallo da
man do alcalde de Fene, Juventino Trigo, do concelleiro de Deportes, Justo
Martínez, e dos/as tamén concelleiros/as da Corporación Municipal. Sandra
Permuy, Mariela Aguilar, Gumersindo Galego, Ana Novo, Amalia García e César
Martínez.
O acto contou coa presenza de
deportistas dos clubs Artes Marciais Fene (Kárate e Judo), O son de cociña /
Unidade de Fene (fútbol sala), Cultural Maniños (fútbol feminino), CAS Nautilus
(fotografía submarina), Club Atletismo Fene, CLS Limodre (chave), Club Ximnasia
Artística Ferrolterra, Fusion Dance, Escudería Scratch Fene, Club BTT, e dos
deportistas feneses Noelia e Sergio Cob Álvaro (patinaxe freestyle) e Marcos
Ruiz Brage (triatlón).
Os homenaxeados foron:
ARTES MARCIAIS FENE – KÁRATE
o Icía Castro Tomé:
Campeona provincial e galega en kata individual. 4º posto en kata
individual no Campionato de España. Categoría Alevín Feminino. Subcampiona
galega por equipos na categoría Infantil.
o Aimar Iglesias Bañobre:
Campión provincial en kata individual. 3º clasificado en kata individual.
Categoría Alevín Masculino.
o Josu Arnoso Cruz :
Subcampión provincial en kata individual na categoría Infantil Masculino.
Subcampión galego en kata por equipos na categoría Infantil.
o Andrea Sánchez Maceiras:
3ª clasificada provincial en kata individual na categoría Infantil
Feminino. Subcampiona galega en kata por equipos na categoría Infantil.
o Ariadna Castro Tomé:
3ª clasificada en kata individual categoría Xuvenil Feminino. 3ª
clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil.
o Noelia Penabad Garrote:
3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil
o Sara Penabad Garrote:
3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil
ARTES MARCIAIS FENE – JUDO
o
Alba Martínez García
Subcampiona
provincial na categoría Cadete, de menos de 52 kg. Cinturon Negro de Judo I
Dan.
“O
SON DE COCIÑA” UNIDADE DE FENE – FÚTBOL SALA
o Equipo Infantil
Campión de Liga e de Copa na Liga
local de fútbol sala 2016/2017. Foron os máximos goleadores e os menos goleados
da súa categoría. Os integrantes deste combinado son: Aaron Martinez Cociña,
Raul Rey Varela, Pablo Pita Ares, Ignacio Saavedra Barbero, Yerai Couceiro
Rendueles, Diego Crespo Rivera e Adrian Martinez Tornin. Adestrador: Bruno A.
Carballo Dopico. Delegado: José Rendueles Padin
o Diego Crespo Rivera
Convocado
pola selección de Ferrolterra de Fútbol Sala coa que se proclamou campión
galego de seleccións locais.
o Adrián Martínez Tornín
Convocado
pola selección de Ferrolterra de Fútbol Sala coa que se proclamou campión
galego de seleccións locais. Convocado coa Selección Galega para desputar o
campionato de España de seleccións, proclamándose campión de España coa
selección galega da súa categoría.
CLUB ATLETISMO FENE
o Melina Alonso Aradas
Campiona absoluta na Carreira da
Amaía, de Brión. Subcampiona galega absoluta de 10 kilómetros en ruta.
Subcampiona absoluta no Cross Joaquín
Romero. E acadou un meritorio 8º posto na categoría Senior na carreira Coruña
10.
CLS
LIMODRE – CHAVE
o Equipo “Cantina Local Social de Limodre”
Campión de Liga na tempada
2016/2017. Ademais, nun dos trofeos do último campionato, o máximo chaveiro da
proba foi un dos membros do CLS Limodre, Luis, con 683 chaves e unha media de
16,26.
SERGIO
E NOELIA COB - PATINAXE FREESTYLE
o Sergio Cob Álvaro, do club Sobre Rodas.
Campión Galego Xunior na modalidade
de salto.
o Noelia Cob Álvaro, do club Sobre Rodas
Campiona Galega Xuvenil en salto e
Campiona de España Xuvenil en salto.
FUSION
DANCE – BAILE URBÁN
o Doble H Kidz.
Grupo de baile urbán da academia Fusion Dance de Fene, formado
por 13 nenas de entre 5 e 8 anos (Mencia
Fernandez, Clara Pena, Helena Muñoz, Alejandra Rey, Africa Gomez, Melissa
Mendez, Noelia Rodriguez, Zeltia Dopico, Noa Fernandez, Alejandra Seijo, Blanca
Vazquez, Irene Rojo e Ruth Testa). Monitora: Laura Mosquera.
Doble H Kidz comezou a concursar en distintos
certames a nivel nacional en 2016, colleitando éxitos moi pronto, mesmo en
categorías superiores. Así, en 2016 o grupo proclamouse campión na categoría
Baby no Funk Lag 2016, de León. Acadou o 6º posto na categoría Infantil no Vigo
Porté (evento Internacional de disciplina de baile) e o 3º posto na categoría
Baby no Campionato de España de Hip hop Internacional 2016
Este ano, Doble H Kidz continuou traballando e
conquerindo premios: 1º posto na categoría Baby no Funk Lag 2017; 2º na
categoría Infantil no Vigo Porté e 2º posto na categoría Baby no Urban Display
(Campionato de España Irene Pallarés). Este último premio deulles o pase para o
Campionato de Europa no que as fenesas conseguiron un meritorio 3º posto.
o
Kinder Quest
Tamén na disciplina de baile
urbán, Kinder Quest é un grupo de categoría infantil que acadou este ano o
primeiro posto na competición mais importante de Galicia, o VIGO PORTÉ 2017.
Ademais, Kinder Quest foi 4º no FUNK LAG
DE LEÓN 2017 e clasificouse sexto no campionato de España 2017 para o de Europa
(no que quedou 4º na súa categoría).
Kinder Quest son: Susana Fernandez, Nerea Varela, Nerea Castro, Noa Bastida, Alba
Grandal, Sara Pouso, Andrea Prieto, Candela Castro, Zeltia Dopico, Mencia
Fernandez e Noelia Rodríguez. Monitora: Laura Mosquera Pedre.
CAS NAUTILUS – FOTOGRAFÍA SUBMARINA
O Club de Actividades Subacuáticas Nautilus participou en 2017 no Circuito Galego de
Fotosub e no Campionato Galego de Fotografía Submarina, evento celebrado a
finais do pasado mes de agosto en Portonovo. O fotógrafo Alfredo Rodríguez e o
cofotógrafo Fernando Pazos, do C.A.S. Nautilus,
proclamáronse subcampións da proba autonómica.
Pero tamén cómpre salientar os bos resultados
colleitados por estes dous deportistas do club fenés no Circuito Galego de
Fotosub que constou, nesta edición, de tres probas: os campionatos de Fotosub
da Mariña Lucense, Boiro e Cidade da Coruña
No II Fotosub A Mariña 2017, Alfredo Rodríguez e
Fernando Pazos remataron no 2º posto da clasificación. No Campionato Fotosub
Boiro foron 4ºs e no XXI Campionato Cidade da Coruña-9º Memorial Fernando
Torreiro subiron ao alto do podio ao proclamarse campións da proba.
CLUB XIMNASIA ARTÍSTICA FERROLTERRA - XIMNASIA ARTÍSTICA
Categoría Escolar 1 (6-8 anos)
o
Leire Mardaraz.
Medalla
ouro en salto e medalla de prata en chan no I Torneo Concello de Fene. Medalla
de prata en Salto, ademáis de subcampionas
galegas no Campionato Galego
Escolar.
o
María Fuentes:
Medalla
de bronce en chan, no I Torneo Concello de Fene. Terceira Clasificada na xeral
dos catro aparatos, medalla de ouro en barra, e medalla bronce en salto,ademáis
de subcampiona por equipos no Campionato
Galego Escolar.
o
Mireia Astray:
Medalla
de bronce en asimétricas, no I Torneo Concello de Fene. Subcampiona por equipos
no Campionato Galego Escolar.
o
Alba Couto:
Medalla
de prata en asimétricas,no I Torneo Concello de Fene. Subcampiona por equipos
no Campionato Galego Escolar.
Categoría Escolar 2 (8-10 anos)
o
Nadia Drafate:
Medalla
ouro en Asimétricas, no Campionato
Galego Escolar.
o
Candela Couce:
Medalla
de prata en salto,
no Campionato Galego Escolar.
o
Sabela Bastida:
Medalla
de ouro en salto e chan, no I Torneo Concello de Fene. Subcampiona galega na
xeral dos catro aparatos, medalla de bronce en asimétricas, no Campionato Galego Escolar.
Categoría Inigym 1 (5-6 anos)
o
Emma Ares Viñas:
Medalla
de Ouro en asimétricas e barra, no I Torneo Concello de Fene. Campiona Galega
na xeral Inigym 1, Campionato Galego Inigym/ Promogym.
Categoría Inigym 2 (6-7 anos)
·
Irene Sequeiro Lorenzo:
Medalla
de ouro en chan e medalla de prata en salto, no I Torneo Concello de Fene.
Campiona Galega na xeral Inigym 2, Campionato Galego Inigym/ Promogym
Categoría Promogym 1 (7,8 e 9 anos)
o
Icia Arroyo Alvarez
Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla
de ouro en asimétricas e chan e medalla de prata en barra no Torneo
Promogym do RGC Covadonga. Campiona galega en chan, no Campionato Galego. Campiona
na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Medalla de bronce en
Asimétricas no campionato de España,
competindo con só 7 anos a un
altísimo nivel contra outras 65 ximnastas de 7,8 e 9 anos.
Categoría Promogym 3 (para máis de 10 anos)
o
Ainhoa Tenreiro Mosquera:
Campiona na xeral dos catro
aparatos, medalla de ouro en chan e barra, e prata en asimétricas no III Torneo Universidade da Coruña. Subcampiona
na xeral dos catro aparatos e bronce en asimétricas no Torneo Promogym do RGC
Covadonga. Campiona por equipos, xunto as súas compañerias, no Campionato
Galego na categoría de Promogym 3. Campiona na xeral no II Trofeo Astur-Galaico
RGC Covadonga. Medalla de bronce en Salto no campionato de España, na cal
competía contra 103 ximnastas e conseguindo a primeira medalla nun campionato
de España para o Club.
o
Thyesha Vicente Humpries:
Medalla de Bronce en Salto no
Torneo Promogym do RGC Covadonga. Terceira Clasificada na Xeral dos catro
aparatos e Ouro en barra ,ademais de Campiona Galega por equipos no Campionato
Galego na categoría de Promogym 3. Terceira Clasificada na xeral no II Trofeo
Astur-Galaico RGC Covadonga. Participou no campionato de España cunha moi boa
actuación.
o Judith Lago Varela:
Subcampiona Galega na Xeral dos
Catro Aparatos, Ouro en Asimétricas e Bronce en Chan, ademáis de Campiona
Galega por equipos no Campionato Galego na categoría de Promogym 3. Participou
no Campionato de España cunha moi boa actuación.
o Alba Iglesias Gómez e Paula Parada
Rodríguez
:
Campionas por equipos, no
Campionato Galego
Categoría
Nivel 1 (7-8-9 anos)
o Andrea Martín Iglesias:
Medalla de bronce en Salto, Barra e
Chan, no Campionato Galego de Niveis. Participou no Campionato de España cunha
moi boa actuación.
o Alba González Gorgullo:
Terceira clasificada na xeral dos
catro aparatos e medalla de prata en Asimétrica, no Campionato Galego de
Niveis. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.
o Lola Caínzos Díaz:
Subcampiona Galega na xeral dos
catro aparatos, medalla de prata de barra e chan e medalla de bronce en
asimétricas, no Campionato Galego de Niveis. Participou no Campionato de España
cunha moi boa actuación.
Categoría
Nivel 2 Pequenas (até 11 anos)
o Cintia Fernández Sanmartín:
Terceira Clasificada na xeral dos
catro aparatos, medalla de bronce en salto e asimétricas, no Campionato Galego
de Niveis. Terceira Clasificada no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga. Participou
no Campionato de España cunha moi boa actuación.
o Tatiana López Rivas:
Campiona na xeral dos catro
aparatos, medalla de ouro en salto, paralelas, chan, e medalla de prata en
barra,no Campionato Galego de Niveis. Subcampiona no II Trofeo Astur-Galaico
RGC Covadonga. Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.
CLUB BTT FENE - CICLISMO DE
MONTAÑA
o Carlos
Otero Amor
Compite en ciclismo de montaña XC Maratón.
Categoría Master 50.
Rematou a tempada 2016/17 como subcampeón galego da
Transgalaica, campeonato que consta de 4 carreiras, das cales, en dúas subiu ao
podio. En Cotobade chegou a meta en terceiro lugar e en Vigo rematou de 2º.
Tamén foi 2º, proclamándose subcampeón, no Open
Galego de XC Maratón no que subiu a podio en todas as carreiras (foi 3º en
Mondoñedo, 2º en Rois, 3º en Rianxo e 2º en Vilalba). Por último, salientar que
obtivo moi bos resultados no Campionato Galego de XC Olímpico. Foi 4º en Cambre
e 5º en MOntefaro.
o Daniel
Carreiro Vázquez
Compite en ciclismo de montaña XCM/XC OLÍMPICO, na
categoría élite masculino. Na actualidade forma parte do top ten de ciclistas
galegos de maratón e XC, na súa categoría.
Na tempada 2016/17 proclamouse campión galego de
XC, tralos bos resultados colleitados nas probas que tiveron lugar en Mugardos
(onde foi 3) e Ferrol e Ledoño (6º). Tamén acadou bos resultados na
Transgalaica 2017 e na Ultramaratón con probas de alto nivel como os 4 Picos
Bike RACE (onde acadou o posto número 15 de 1500 participantes), a 101
peregrinos (onde quedou de 14 de 2000 participantes) ou os 10.000 del Soplao, en
Cabezón de la Sal (onde finalizou no número 84 de 5.000 participantes)
SCRATCH FENE – AUTOMOBILISMO
o Equipo
formado por Édgar Vigo e Fátima Ameneiro
Subcampión de España de Ralis de
Terra para vehículos do Grupo N no ano 2016. O campionato constou de 8 probas
en distintos puntos da península: Lorca, Navarra, Curtis, Ponferrada, Cervera,
Plasencia, Cártama e Pozoblanco. Anteriormente, en 2015, Edgar e Fátima xa
foron Campións de
España de Ralis de Asfalto na mesma categoría. E nesta tempada, a falta de 2
carreiras para o final da competición, o equipo xa ten garantizado o Campionato
de España de Ralis de Terra para Vehículos Históricos.
o
Fátima Ameneiro
Campiona de España de Copilotos
Femininas en Asfalto e en Terra. Primeira galega e segunda muller española en
conseguir o título.
MARCOS RUIZ BRAGE_- TRIATLON
o Marcos Ruiz Brage. Atleta do
Club Triatlón Ferrol.
Campeón Galego
Triatlón Junior. Subcampeón Galego de Acuatlón Absoluto. Subcampeón Galego de
Duatlón Contrarreloxio. 4º Campeonato España Acuatlón Junior e no
clasificatorio do Triatlón de Madrid Élite. 7º Campeonato España Duatlón
Junior. Convocado coa selección Galega Absoluta.
CULTURAL MANIÑOS FEMININO SD – FÚTBOL
. Equipo Campión de Liga con dúas xornadas de
antelación. Campión de Copa - ao superar na final ao CF San Sadurniño-, Campión
Provincial, ao derrotar en semifinais ao Ural de A Coruña e na final ao Racing
de Ferrol. Gañador da III Copa AFACO en A Capela e de todos os Torneos de
verán, salientando o prestixioso Torneo Concello de Mugardos.
Ademais, a xogadora do Cultural
Maniños Feminino Rebe Veiga foi a máxima goleadora da competición. Vane Galego,
a porteira menos batida. Moka Vila foi nominada a mellor xogadora da liga e o
adestrador Penano ao mellor míster na Gala do Fútbol de Ferrolterra.
En todas as competicións oficiais
(liga, copa e provincial) o equipo marcou 201 goles e encaixaron 29, en 38
partidos. Ou o que é o mesmo, acadaron máis de 5 goles a favor en cada partido
xogado.
O equipo está formado por: Vanesa Galego,
Su Insua, Nuria Vicente, Sarita Pena, Cris Silvar, Uxía Vázquez, Carmen
Colodrón, Lucía Seoane, Mónica Martínez, Carol Castro, Rebe Veiga, Iria Cabana,
Pau Varela, Lore Castro, Anita Fontán, Moka Vila, Laura Miraz, Izu Rodríguez e Maite
SeijO. Delegado e adestrador: Uxío Romero e Fernando Aneiros “Penano”