Pin It

Widgets

A conselleira do Medio Rural avalía co alcalde de Cedeira a mellora das infraestruturas rurais neste concello



A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano ao alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moredo, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas deste concello en relación co agro. En concreto, estiveron analizando a posibilidade de colaborar na mellora de infraestruturas rurais neste municipio coruñés situadas nos montes da Capelada.

Así mesmo, tamén se analizaron as obras executadas a través do Plan marco de mellora de camiños municipais, que permiten acondicionar os viarios e mellorar desta forma as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais. Precisamente nestes dous últimos anos, o concello de Cedeira tivo unha achega de preto de 130.000 euros a través desta liña de achegas.

Durante a súa xuntanza, ambos responsables abordaron outros temas relacionados coa mellora da cabana gandeira na zona e as medidas adoptadas neste concello en relación coa couza guatemalteca da pataca. Neste senso, a conselleira insistiu en que se están a tomar todas as medidas necesarias para erradicar esta praga, agradecendo a colaboración por parte do concello e dos propios veciños.

Fuente: Xunta de Galicia
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.