Pin It

Widgets

O C.M.I. Unidade de Fene celebra as Letras Galegas

O Círculo Mercantil industrial Unidade de Fene celebra as Letras Galegas e presentaran o libro gañador do certamen nacional de poesía Xosémaria Pérez Parallé. .

 Xoves, 17 de maio:
 As 20,00 horas Misa cantada en galego, na Parroquia do Diviño Salvador de Fene, en lembranza dos socios fallecidos. 
As 21,00 horas Conferencia a cargo da filóloga galega, Aurora Valentina Varela Caabeiro sobre a homenaxeada, María Victoria Moreno. a continuación, entrega da insignia de prata aos socios que levan 50 anos na sociedade, de seguido a actuación da rondalla "Estrelecer" e para rematar esta xornada das Letras Galegas servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os asistentes. 

Sábado, 19 de maio:
 As 20,00 horas presentación do libro gañador do XXX Certame Nacional de poesía "Pérez Parallé", título da obra: "As Casas", Autor: Carlos Lixó Gómez, editado por Espiral Maior, coa presencia do autor. Os actos péchanse coa actuación de Paloma Suánces
Ao finalizar os actos servirase un pequeno refrixerio

 Aquí deixámoslles un vídeo de Poloma Suánces

Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.