Pin It

Widgets

Aberto o prazo de solicitude das axudas ás familias para a festividade de reis


Publicadas no BOP do 30 de outubro  do 2013 as bases que regulan a convocatoria do programa municipal de axudas ás familias para a festividade de Reis. As solicitudes deberanse presentar no Rexistro Xeral de entrada do Concello, no prazo de 10 días naturais, contados a partires do 31 de outubro.
 
O obxecto desta convocatoria é regular a concesión de subvencións de pago único anual ás familias con menor nivel de recursos económicos e que cumpran os requisitos de acceso ao programa establecidos, para a adquisición dos agasallos para a Festividade de Reis para os/as seus fillos e fillas que, estando en convivencia cos/as solicitantes, sexan menores de 15 anos (con 14 anos cumpridos) ou ben sexan maiores desa idade e ate os 18 anos sempre que teñan o recoñecemento oficial de minusvalía.

Coas subvencións cubriranse os gastos derivados da adquisición de agasallos para a festividade de Reis, a saber: xoguetes, xogos, libros, material didáctico e outros obsequios que correspondan coa idade do/a menor ao que vai dirixida a axuda, sempre que estes sexan adquiridos no período comprendido entre o día de apertura da presente convocatoria e o día 5 de xaneiro de 2014.

Poderase xustificar roupa, calzado ou material deportivo (mochilas, roupa deportiva, botas, etc) sempre que o importe total non supere o 50 % da axuda subvencionada (37,50 €), agás as persoas que foran beneficiarias de axudas para o mesmo concepto no decurso do ano 2013 a través de axudas municipais ou de outros organismos.
Convócanse un total de 40 subvencións para 40 nenos e nenas por importe individual de 75 euros para cada beneficiario/a.

A contía das axudas que recibirá cada familia solicitante estará en función do número de fillos e fillas en convivencia, que cumpran o requisito da idade e que se podan beneficiar do programa.

Nembargante, de existir máis solicitudes que acaden puntuación suficiente para o acceso ás axudas, á proposta da comisión de avaliación, poderase limitar o número de axudas por familia en favor de outras familias que queden fora do programa ainda cumprindo os requisitos de acceso.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.