Pin It

Widgets

Fene inicia esta semana novas accións formativas para desempregados



           
-Hoxe da comezo en Fene o Curso: "Prevención de Riscos Laborais no Manexo de Maquinaria Forestal. Manexo Pŕactico de Motoserra e Rozadoira".

Recibironse 38 solicitudes  para un total de 15  plazas  das que 8 son desempregados do Concello de Fene. Impartirase entre o día 30/10/2013 e 07/11/2013 na nave municipal de San Marcos(Fene). O horario nos días 30 e 31 de 18 a 21 horas e os días días 4 a 7 de novembro de 16 a 19 horas.

-Por outra banda mañá se inicia a Escola Obradoiro Fene -Ares que rematará o 29 de abril do 2014 desenrrolandose en horario de 7:30 a 15:30.

A parte de Fene se desenrrolará a parte teórica na nave de formación de San Marcos e na pista de Fonte do Campo(parroquia de Fene) e nos parques públicos de Casas de Castro e Rosalía(parroquia de Perlío) a parte práctica.

O Obradoiro de Emprego “Fene-Ares”é subvencionado pola Xunta de Galicia  cun importe de 195.435,24 € para a parte do profesorado e os alumnos para a realización do proxecto do obradoiro de emprego denominado “Fene-Ares” para 22 alumnos/as traballadores/as(seleccionados entre 65 enviados pola Oficina de Emprego) distribuídos nas seguintes especialidades formativas:  Actividades auxiliares de apoio ao buque en porto(9 alumnos), Operacións auxiliares de albanelería de fábrica e cubertas(13 alumnos). Dos alumnos 15 son de Fene.

-O Concello de Fene contribúe tamén dende o 21 de outubro ao desenvolvemento do proxecto RedeXiana2, para o fomento do emprego na provincia.

A Deputación da Coruña está a  desenvolver en colaboración co concello de FENE, accións formativas dirixidas a persoas desempregadas dos concellos de Ares, Mugardos, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.

A formación enmárcase no proxecto RedeXiana2 (Xestión Integral, Accesibilidade, Novas Tecnoloxías e Adaptabilidade no mercado laboral galego), cofinanciado pola entidade provincial e o Fondo Social Europeo.

O Concello de Fene achega as súas instalacións municipais para a impartición da acción formativa de MONTADOR DE ESTRUCTURAS METÁLICAS, que deu comezo este 21 de outubro, cunha duración nesta primeira fase de 290 horas.

-Tamén este mes se iniciou con participación na organización do Concello de Fene o PCPI (Programa Cualificación Profesional Inicial) que son accións formativas para desempregados, e o PIE (Programa Integrado para o Emprego) na que 42 desempregados de Fene estarán mais de 6 meses recibindo formación cunha orientación eminentemente práctica e coa financiación na meirande parte da Xunta de Galicia. Nas duas  iniciativas participan  5 concellos mais e atende a 220 persoas desempregadas.

No proximo  mes dará comezo o Programa Cooperación  financiado pola XUNTA de Galicia que contará con 4 desempregados que se formarán e traballarán durante 4 meses 3 deles como peons  e un como auxiliar de axuda no fogar e na que aínda se está a desenrrolar o proceso de selección.

Son polo tanto 9 iniciativas para desempregados que benefician a mais dun centenar de desempregados de Fene que  desenvolve o Concello de Fene neste ano 2013 axudado pola Xunta de Galicia e a Diputación da Coruña e en moitos casos unido a outros concellos ao que hai que sumar o manter un ano mais o Servicio de Orientación Laboral.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.