Pin It

Widgets

Novos grupos de pilates e baile moderno

A Concellería de Deportes amplía a oferta de escolas deportiva municipais, abrindo dous novos grupos nas actividades de pilates e baile moderno a partir do 1 de novembro.

Os novos grupos desenvolveranse  nos seguintes horarios e instalacións municipais:
  • Grupo de Pilates na piscina municipal de Centieiras: luns e mércores en horario de 09:00 a 10:00 h. (15 prazas)
  • Grupo de Baile moderno, destinado a nenos/as a partir de 6 anos de idade, no pavillón municipal a Xunqueira: luns e mércores en horario de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas)
As persoas interesadas en calquera destas actividades poderán inscribirse nas dependencias administrativas do  pavillón municipal A Xunqueira  entre o 21 e 28 de outubro, de luns a venres de 08:30 a 14:30 h e o mércores 23 de outubro tamén en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 h.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou ao propio pavillón A Xunqueira (981-340396). 
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.