A Concellería de Deportes amplía a oferta de escolas deportiva municipais, abrindo dous novos grupos nas actividades de pilates e baile moderno a partir do 1 de novembro.
Os novos grupos
desenvolveranse nos seguintes horarios e instalacións municipais:
- Grupo de Pilates na piscina
municipal de Centieiras: luns e mércores en horario de 09:00 a 10:00 h.
(15 prazas)
- Grupo de Baile moderno,
destinado a nenos/as a partir de 6 anos de idade, no pavillón municipal a
Xunqueira: luns e mércores en horario de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas)
As persoas
interesadas en calquera destas actividades poderán inscribirse nas dependencias
administrativas do pavillón municipal A Xunqueira entre o 21 e
28 de outubro, de luns a venres de 08:30 a 14:30 h e o mércores 23 de
outubro tamén en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 h.
Para máis
información, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do
Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou
ao propio pavillón A Xunqueira (981-340396).