Como todolos anos e xa van moitos veuse celebrando en Neda durante o mes de Agosto e
a primeira seman de Setembro o clásico
trofeo de chave “ Mesón O¨Fumazo” patrocinado por este establecemento de
hosteleria que rexenta Ricardo
González,un home comprometido con a chave e que e un verdadeiro dinamizador de
este deporte tradicional e que xunto con outros establecementos e sociedades deportivas
de Ferrolterra son unha das claves do
auxe que ten este deporte. Este ano a participación foi de 19 equipos con a
participación de 80 chaveiros procedentes de toda a comarca, os equipos
emparellaronse despois dún sorteo por grupos, clasificandose dous equipos de
cada grupo para a primeira fase,quedando doce para cuartos ,seis para
semifinais e tres de cara a xogarse o titulo , Lúa Nova de Sillobre, O´Pazo de
Franza e Ambigú C.P.S de San Valentin
foron os protagonistas da final, na que o Lúa Nova foi o que levou o entorchado
tras vencer os seus rivais por :
O´Pazo -Ambigú C.P.S. .- 30-30 / 38-28.
Ambigú – Lua Nova .- 30-43 / 28-36.
O´Pazo – Lua Nova .- 34-42 /36-39.
A clasificación final quedou da seguinte forma :
1º .- Lua Nova con Jaime,León,Perea e Cristian
acadaron 160 chaves.
2º .- O´Pazo con Juanolo,Paco e Domingo acadaron 138
chaves.
3º .- Ambigú C.P.S. Con Riki, Paco José e Manolo
acadaron 116 chaves
O máximo chaveiro da primeira fase foi Luis do CLS
Limodre que acadou 65 chaves.
O máximo chaveiro da final foi León do Lúa Nova que
acadou 68 chaves.
Os trofeos foron entregados os gañadores polo xerente
e por directivos do equipo Mesón O´Fumazo
O final da entrega de premios foi servida unha
estupenda e opipera degustación a todolos asistentes