Os Concellos de
Fene, Narón e Mugardos abren o prazo de preinscrición nos cursos preparatorios
para a consecución do certificado de lingua galega Celga 1, 2, e 4 para o ano
2014. Ata o vindeiro 24 de xaneiro, tódalas persoas interesadas en participar
nos mesmos, con independencia do concello no que residan e do curso que queiran
facer, terán que formalizar a preinscrición:
. No Concello de
Fene: Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais, 44,
entrechán dereita - Fene. Tlf.: 981.34.03.66).
. No Concello de
Narón: Servizo de Normalización Lingüística – Rexistro Xeral do Concello.
. No Concello de
Mugardos: Departamento de Cultura – OMIX (Casa do Concello)
Os
cursos desenvolveranse entre os meses de marzo e maio de 2014 en horario de
tarde. No Concello de Fene impartirase o Celga 1, no de Narón o Celga 2 e no de
Mugardos o Celga 4. As prazas serán limitadas ata un máximo de 30, segundo orde
de inscrición, e os cursos serán totalmente gratuitos.
Segundo
informan dende os concellos de Fene, Narón e Mugardos, a realización destes
cursos está condicionada á concesión da organización e homologación pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e Galicia.