Mañá venres, 6 de decembro ás 13.00 horas, o Concello de Fene celebrará
un acto institucional con motivo do Día da Constitución. O acto desenvolverase
no Salón de Plenos da Casa do Concello e contará coa intervención do alcalde,
Gumersindo Pedro Galego Feal, e dun reprentante de cada partido político con
representación municipal.
Ademais da representación
institucional, o Concello de Fene convida a asistir a todos os veciños e
veciñas que desexen compartir este acto cos representantes políticos das
diferentes formacións fenesas.
Ao final do acto servirase
unha copa de viño español.