![]() |
Chave finais
século XIX
|
Para darlle continuidade os quince
(15) anos que ata agora tiña este clásico e que
ano tras ano veu medrando en calidade en número de participantes, organización ….. e que poida seguir asi, e a
ilusión do grupo de persoas que dende
un principio iniciaron este proxecto e que un ano mais lle diron continuidade, con gañas ilusión e con
un interese final que e conquerir dinamizar
e difundir o deporte da chave .Para axudar a logralo dende o 14 de Outubro ata
o sábado 30 de Novembro veuse celebrando na cancha que este establecemento de
hosteleria ten en Vilanova, Sillobre o XVI Trofeo de Chave Lua Nova 2013.
A participación foi moi importante, vintenove (29), equipos e
101 chaveiros procedentes dos concellos de Ferrolterra, puxeronse a esta tarefa
con gañas e ilusión, pero como e lóxico o final soi tres ,conqueriron podio.
O organigrama foi establecido e regulado como ven sendo dende
sempre según a normativa do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra, clube que
aglutina o deporte da chave en Ferrolterra.
Rematada a primeira fase e os oitavos de
final os equipos que se clasificaron para cuartos quedaron enparellados
da seguinte forma.
Sta. Catalina / Lua Nova , Imaxina
Pazos”A”/ Xomar , Picas / Ambigú C.P.S.,
O´Pazo / Limodre (repescado), Cruzeiro”A” /S. Pablo
![]() |
Equipo, Lua Nova |
Para xogar as semifinais clasificaronse os equipos seguintes
:
O´Pazo / Ambigú , Imaxi.Pazos “A” / Lua Nova e San. Pablo /
Limodre . Conqueriron o pase para a final O´Pazo con 75 chaves, Lua Nova con 78
chaves e o Limodre con 79 chaves,
Estes tres equipos foron os
protagonistas desta final na que o Limodre foi a que acadou o primeiro posto
tras vencer o O´Pazo por 37+37 chaves, contra 25+38, e o Lua Nova por 37+42
contra 31+40.
1º .- L.S.Limodre 153
chaves, con Luis, Paco e Juan Bastida.
2º .- O´Pazo de Franza con 147
chaves, con Juanolo, Pachicho e Paco.
3º .- Lua Nova de Sillobre con
141 chaves, con Jaime, Leon, Perea e Cristian.
O máximo chaveiro da 1ª fase foi
Modesto Niebla “Tito “ do Imaxina Pazos con 62 Chaves.
O máximo chavista da final foi
Luis Bermudez “ Luis”do Limodre que acadou 64 chaves .
O final deste evento e despois da
entrega de trofeos o Café Bar Lua Nova ofreceu unha degustación a todo-los
asistentes dandolles os parabens a todos los equipos, chaveiros e asistentes
que con a sua presencia axudaron a que este evento se levase a cabo.
!! Recuperar e manter os
deportes tradicionais non sifnifica necesariamente correr en contra dos tempos.
Non se trata de recuperar
formas de vida que quedaron atrás . Trátase de devolverlle os xogos o seu valor
e devolverllos os nenos nenas e rapaces dos nosos dias, pero tamén os maiores,
opcións lúdicas nas que realmente quede contrastado que se cumpren todo-los
párametros ,como e caso que nos ocupa, o deporte da chave. !!
Jaime
Iglesias
Decembro 2013
Para acceder a la presentación de 61 imágenes en el álbum,
haz clic aquí