A Casa da Cultura de Fene
acollerá durante todo o mes de xaneiro unha exposición do ilustrador e membro
da Sociedade Galega de Historia Natural Calros Silvar. A mostra, titulada “Unha
ollada natural”, amosarase na sala de exposicións da Casa da Cultura (Avda. De
Conces, 20-22) do 3 ao 31 de xaneiro. Horario de visitas ata o 8 de xaneiro: de
luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas (festivos pechados). A partir do 9 de
xaneiro: de luns a venres, de 10.00
a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.
“Unha ollada natural” recolle
trinta cadros e ofrece aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia:
aves, mamíferos, anfibios, setas, prantas e árbores. Unha selección das
ilustracións realizadas por Calros Silvar para guías de natureza e outros
libros da mesma temática. Trátase dunha
mostra “dunha das mellores e
expertas mans do debuxo da natureza en Galicia, desta vez cun bo tratamento da
entomofauna galega, dende a típica vacaloura aos diversos odonatos. Unha cita
que os cautivados pola estética entomolóxica non poderán perder”.