Pin It

Widgets

Foto denuncia





O PSdeG-PSOE de Fene denuncia o estado de abandono do Miradoiro da Fervenza do Río Belelle




Os socialistas de Fene consideran un despropósito que o Concelleiro de Facenda e Turismo avanzara proxectos de dinamización turística con actuacións en todas as parroquias do Concello cando os principias elementos de interese turístico presentan un estado lamentable.

Fene, 25 de febreiro de 2014

Xa pasaron varias semanas dende que na Comisión de Facenda do mes de xaneiro, o Presidente da Comisión  presentara un plan de dinamización turística para desenvolver en todas as parroquias do Concello de Fene, incluíndo o espazo da fervenza do río Belelle. Hoxe este anuncio segue contrastando co lamentable estado das infraestructuras do mirador e os accesos deste enclave natural.

Os socialistas de Fene veñen denunciando dende hai meses nas comisións informativas e tamén no último pleno ordinario o avanzado deterioro dos equipamentos e a senda da fervenza do río Belelle. Hoxe queremos denunciar as políticas de cortinas de fume e desidia do Goberno de Fene, mal se pode dinamizar turísticamente espazos que se atopan nun lamentable estado de conservación.

O Grupo Socialista do Concello de Fene esixirá nas Comsións informativas, que se celebrarán durante esta semana,  un compromiso real do Goberno do Partido Popular cos problemas dos veciños e veciñas de Fene e denunciará a desidia do Goberno Municipal do Partido Popular no mantemento das instalacións públicas en xeral e do miradoiro da fervenza do Río Belelle en particular.


Antón Noceda, Sº Xeral PSdeG-PSOE de Fene
Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.