O sábado dia 24
de Xaneiro do 2014, celebrouse na cancha do bar O´Xomar en San Vitorio Franza a
final deste campionato que se veu facendo dende o pasado mes de Decembro do
2013 e que se corresponde con o último dos trofeos de chave que o longo do vran e do outono veñen facendo
moitos dos equipos que estan intrgrados no Clube Amigos da Chave de
Ferrolterra.
Participaron
en este evento vintenove (29) equipos e mais de noventa chaveiros (99). O campionato foi estructurado como ven sendo
normal como unha liguilla , clasificaronse para xogar a final o San Martiño de
San Martiño Cabanas, O L.S Limodre de Limodre Fene e o Serantes de Ferrol.
Estes tres
equipos foron os protagonistas na que o Serantes impuxose o Limodre e o San
Martiño; nas correspondentes partidasda final acadandose os seguintes
resultados :
O Serantes
47 +34 / Limodre 34+34
Limodre 34
+38 / San Martiño 29 +26
San Martiño
40 +29 / Serantes 38 +36
1º .-
Serantes 155 chaves, con Luciano, Cholo e Lolo.
2º .-
Limodre 140 chaves , con Tano, Luis, Juanjo e Paco.
3º .- San
Martiño 124 Chaves con J.Luis, Nando e Xosé.
O máximo
chaveiro da primeira fase foi Luis doLimodre con 66 chaves.
O máximo
chaveiro da final foi tamén Luis do Limodre con 77 chaves
O final o
Café Bar O´Xomar e despois de facerse a entrega de premios felicitacións os
campións e darlles os parabens a todo-los invitados e chaveiros presentou unha
estupenda degustación invitando os presentes para a próxima edición.
!! Hai unha frase, eu diria un
tópico que se utiliza moito nas actividades deportivas “ Hai que saber perder”,
quizáis seria mais correcto inculcar outra filosofia a competición e decir “hai
que saber gañar” ,e aprender a gañar sin ánimo de demostrar nada ¡¡