Recital
de poesía de Amelia de Querol Orozco na Casa da Cultura de Fene
A sala de
exposicións da Casa da Cultura de Fene (Avda. De Conces, 20-22) acolle este
venres, 28 de marzo, ás 19 horas o recital de poesía “Tabaco de pipa en las
lágrimas de la aurora”, da escritora ferrolá Amelia de Querol Orozco. O acto
coincide co peche da exposición “Eu mesma”, de Mari Carmen Sendón, que se
amosou neste espazo da Casa da Cultura ao longo do mes de marzo.
Amelia de Querol
Orozco (Ferrol, 1960) é unha artista multidisciplinar. Escritora, poeta e
pintora, estudiou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. É
diplomada superior en Cerimonial e Protocolo, pola UNED, e está cursando
Socioloxía, tamén na UNED, e Italiano, na EOI de Ferrol.
Aínda que se
confesa “escritora compulsiva” dende a mocidade, comezou a escribir de xeito
regular hai algo máis dunha década: poesías, contos, relatos breves, artigos
sobre teoría poética e artigos de opinión. Ademais, colaborou durante anos co
xornal Diario de Ferrol, e foi tertuliana (en 2008) dos programas radiofónicos
de ámbito nacional “A fondo” e “El país de las maravillas”, baixo a dirección
de Enrique de Diego. Nos últimos anos, os seus poemas foron lidos e comentados
en foros tan destacados como as tertulias literarias do Café Gijón, en Madrid.