Pin It

Widgets

Máis de duascentas persoas asistiron esta mañá en Agarimo á representación da obra “Enamórate de Lope”


O alcalde de Fene agradeceu á Cía de Blanca Marsillach o traballo que está a realizar a prol da integración das persoas con discapacidade



“Moitas grazas. É o máis fermoso que me pasou na vida”, asegurou esta mañá unha das espectadoras que asistiron á representación da obra “Enamórate de Lope” na Sociedade Agarimo de Sillobre. A Compañía de Teatro de Blanca Marsillach foi acollida con entusiasmo en Fene e nas dúas funcións (ás que asistiron ao redor de duascentas persoas de diversas asociacións da provincia) vivíronse, en palabras da actriz Carolina África, “momentos cheos de maxia, amor e diversión”.
“No concello de Fene pechamos unha etapa coa esperanza de abrir a posibilidade de que xente con capacidades diversas poida ter a súa oportunidade no mundo do teatro”, asegurou a productora e artista Blanca Marsillach ao remate dunha das representacións.  En rolda de prensa, Marsillach amosouse feliz polos resultados acadados con este proxecto que se encadra no Programa de Teatro Interactivo para Persoas con Discapacidade e que agora entra nunha nova fase na que, segundo avanzou a actriz, apostarán por integrar na propia compañía a persoas con capacidades diversas.
Pola súa parte, o alcalde de Fene augurou unha enorme repercusión social e mediática para o espectáculo da Compañía de Blanca Marsillach, á que agradeceu especialmente o seu paso por Fene. Gumersindo Galego loubou ademais o traballo que están a realizar as asociacións que traballan con persoas discapacitadas porque “as dinámicas de grupo que adoitan empregar no seu quefacer diario axudan aos rapaces e rapazas a enfrontarse ao público”.
 “Enamórate de Lope”, obra baseada en poemas do grande dramaturgo do Século de Ouro Lope de Vega, conta unha historia de amor en tono de traxicomedia romántica. Durante a primeira parte do espectáculo, os espectadores son testemuña de cómo evoluciona a historia de amor “conforme o ton dos poemas se fai cada vez máis romántico e profundo”, para pasar a continuación a unha serie de talleres interactivos nos que se realizan lecturas dramatizadas dos textos coa participación dos espectadores. Así, nesta segunda parte da representación, os asistentes ao teatro teñen oportunidade de subir ao escenario e recitar poemas, familiarizándose primeiro con eles (coa axuda dos actores) e persoalizándoos ata, finalmente, facelos seus.
Galería de fotos del acto: 


Blanca Marsillach y el alcalde de Fene Gumersindo Galego


Tags: , , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.