Pin It

Widgets

A maxia abre en Fene o Ciclo Nacional de Galicia


Fechas de celebración:1470772014 al 18/07/2014
Evento: Fiestas
Lugar: Praza do Concello
Municipio:Fene
Comarca:de Ferrol
Provincia:Coruña

Luns, 14 de xullo:
 Ás 22 horas, na Praza do Concello. O espectáculo previsto, “Maxia de aquí e de acolá”, encádrase dentro do programa Camiños de Cultura da Xunta de Galicia.

Martes, 15:
A partir das 20.30 horas, na Praza do Concello o IX Festival de Habaneiras coa participación das corais polifónicas CPS de San Valentín, Eterna Xuventude, SCRD O Pote de Maniños, SCRD Agarimo de Sillobre e das rondallas Estrelecer do CMI Unidade de Fene e Perla do Río do CCRD de Perlío.

 Mércores, 16: 
A partir das 20.30 horas unha batucada a cargo de Trópico de Grelos polas principais rúas do concello de Fene.

Xoves, 17: 
Os protagonistas serán os maiores aos que se convida a participar nunha nova edición da Festa dos Avós. Trátase dunha “xornada de convivencia dirixida aos nosos maiores” entre os que se distribuirán gratuitamente, de 20 a 22 horas, racións de churrasco, bola e empanada. Segundo informan dende o Departamento de Cultura do Concello de Fene, a recadación que se obteña nesta Festa dos Avós pola venda das bebidas entregarase a Cáritas.

E xa ao remate da xornada, ao redor das 22.30 horas, comezará o concerto de MARÍA DO CEO (Rede Cultural da Deputación).



O derradeiro día do Ciclo, o venres 18 de xullo, emprázase aos veciños/as de Fene a que asistan á lectura da Declaración Institucional do Día Nacional de Galicia fronte ao Monumento “Día da Patria Galega”. A partir das 19.00 horas tomará a palabra a autora do documento, a escritora Mariola Hermida, e a continuación pechará o acto o coro infantil da SCRD Agarimo de Sillobre cunha interpretación do Himno Galego.


Si quieres ver más eventos consulte el Calendario eventos día a día



Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.