Tamén comeza esta semana en San Valentín o I Campus Feminino de Fútbol Sala
Un ano máis, o Concello de Fene volve organizar os seus
tradicionais cursos de tenis de verán, coa participación este ano de 52
nenos/as. As clases impartiranse dende maña mércores, 9 de xullo, ata o 22 de
agosto nas pistas de tenis do CCRD Perlío, os luns, mércores e venres en
horario de 10.30 a 11.30 horas (maiores de 8 anos), de 11.30 a 12.30 horas (de
4 a 8 anos) e de 12.30 a 13.30 horas (maiores 8 anos). En caso de choiva as
clases trasladaranse ao Pavillón do Colexio Jorge Juan.
A actividade de “Tenis de verán” está organizada polo
departamento de Deportes do Concello de Fene, coa colaboración do CCRD Perlío e
do colexio Jorge Juan.
CAMPUS FEMININO DE
FÚTBOL SALA
Tamén comeza esta semana no o pavillón polideportivo da Xunqueira o
primeiro Campus Feminino de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”-Concello de Fene,
actividade na que tomarán parte 24 nenas e rapazas de 5 a 25 anos.
O Campus Feminino de Fútbol Sala celebrarase do 11 ao 24 de xullo, de
luns a venres, de 10.00 a 14.30 horas, e incluirá visitas de xogadoras
internacionais coa selección española de fútbol sala feminino, ademais de
xogadoras de 1ª División Nacional.
Entre as actividades que desenvolverán as participantes salientan:
xogos e actividades multideporte (vólley, futenis, bádminton, rugby, balonmán,
baloncesto, …); exercizos de técnica de fútbol sala; actividades ao aire libre
nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias do Concello; minipartidos e
competicións e, ao remate, festa de clausura o 24 de xullo.