O actor e humorista galego Alberte Montes actúa
este venres 12 de setembro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Fene onde
presentará o seu espectáculo ALBERTE CONTADOR. A función, organizada pola
Concellería de Cultura dentro dos actos de conmemoración do XXX aniversario do
Museo do Humor de Fene, encádrase no ciclo “Cultura no Camiño” que promoven a
Xunta de Galicia e Agadic. Entrada libre ata completar aforo.
“Alberte Contador” é o novo monólogo cómico-teatral do actor e humorista Alberte Montes. Trátase dun show disparatado no que entran anécdotas, lendas, contos e outras mer...historias”. Iso sí, o cómico advirte xa de entrada que o único que ten él en común co ciclista de Pinto é o nome.
En “Alberte Contador” fálase de ciclismo, das
sestas que Montes bota vendo o Tour, de dopaxe (a que hai no ciclismo e a que
hai en San Fermín) e tamén da súa relación co deporte, “relación semellante á
que Superman ten coa kriptonita”.
Alberte Montes é un actor galego-catalán,
orixinario de Quiroga (Lugo) aínda que reside habitualmente en Barcelona. É un artista de gran proxección, con
experiencia en teatro, cinema e TV. Participou recentemente na rodaxe da
longametraxe REC 4, nunha chea de curtametraxes (o máis coñecido e
premiado foi 2OS), en varios espectáculos teatrais en Barcelona e
tamén como colaborador puntual da Produtora El Terrat de
Buenafuente (Salvados, Buenas noches e Buenafuente ou En
el Aire). Na TVG participou en programas como A Solaina ou
Tourilandia.
O
seu estilo é moi teatral, disparatado e moi retranqueiro. Nos seus espectáculos
adoita contar anécdotas da súa vida e ilustrar a idiosincrasia galaica aínda
que sabe tamén destripar con moito estilo a actualidade máis mediática.