Pin It

Widgets

O Deputado do BNG Daniel Rodas reúnese co patron maior de Barallobre



O deputado nacionalista Daniel Rodas, membro da comisión de pesca do Parlamento galego, acompañado pola responsábel comarcal Mercedes Tobío e do portavoz municipal do BNG no concello de Fene Juventino Trigo, mantiveron un encontro de traballo co  Patrón Maior  da confraría de Barallobre Carlos Rey Puentes.
Na xuntanza abordaron tres temas que preocupan ao sector como son a falla de depuración da ría que fai que numerosos bancos sexan  zona C e as perdas económicas que xera a batea de depuración e que a Consellería implementou como alternativa ao marisco destas zonas. Unha segunda cuestión son os cupos de marisco asignados a cada embarcación. E a terceira o tema do  furtivismo que fai competencia desleal e baixa os presos do producto no mercado.
O deputado comprometeuse a presentar iniciativas que apoien ao sector e vaian n aliña de arranxar estes problemas.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.