El ayuntamiento de Fene desde el Área de Servicios sociales, igualdad y educación, lleva a cabo el programa de envejecimiento activo en el que se enmarca Tardes Activas, subvencionado por la Diputación de la Coruña
Dende esta perspectiva enténdese que o
envellecemento é un proceso para o cal debemos ir preparándonos ao longo das
diferentes etapas da vida. Un dos aspectos máis importantes para isto é
manterse activo/a buscando o mantemento e desenvolvemento das nosas capacidades
físicas, emocionais, mentais, educativas e sociais.
Con este proxecto preténdese
promover esta perspectiva ofertando actividades e experiencias en colaboración coas entidades sociais, para
as persoas que se atopan na madurez co fin de que poidan gozar dun tempo de
lecer activo e satisfactorio contribuindo a mellorar a imaxe social das persoas
maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un
envellecemento activo e satisfactorio.
TARDES ACTIVAS
TARDES ACTIVAS nesta oferta de atividades se conxuga o
desenvolvemento da creatividade; o traballo do plano emocional e social; o reforzo das capacidades intelectuais, o
compartir vivencias así como retardar o inicio ou avance de patoloxías de
deterioro cognitivo.
(alzeheimer, demência..)
ACTIVIDADES NAS
ENTIDADES:
Obradoiros de ACTIVACIÓN DA MEMORIA
desenvolveranse nas seguintes entidades: AAVV Sta Olalla de Limodre ( Camiño
Grande s/n – Limodre). a partir do 20 de outubro.Na S.C.R. Liga de Amigos na parroquia de Barallobre (Rúa Santiago, 42-44) a partir do 22 de outubro. Na S.C.R. Agarimo de Sillobre (r/
Mestre Lois Rdguez nº 1-3 Sillobre), a partir do 4 de novembro. Na A.C.R.D.O POTE na parroquia de Maniños
( R/ Pombal nº 15) a partir do 16 de xaneiro.
Obradoiros de EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
nas seguintes entidades: no C..C.R.D. de Perlio
( R/ San Salvador nº 12 -14, Perlio), a partir
do 3 de novembro. Na CPS San Valentín.( Avda do Mar
31-33 B – 15500 Fene), a partir do 13 de xaneiro. no CMI Unidade de Fene. Porto
do Río nº 21 – San Paio – Fene. a partir do 14 de xaneiro. Na AAVV San Xurxo de
Magalofes a partir do 16 de xaneiro,
sesións de 1 hora e media de duración
ACTIVIDADES NO CENTRO
MUNICIPAL D ESERVIZOS SOCIAIS:
Obradoiro “Recuperación memoria”
(Específico pérdidas de memoria + grupo de apoio familias)
Este obradoiro está pensado para acatar o inicio de patoloxías,
diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As
persoas participantes pasaran unha proba previa para valorar o estado no que se
atopan.
O grupo de apoio para famílias de persoas dependentes é un espazo no que
se comparten experencias, sentimentos e
dúbidas. Trataranse temas de
coidado e autocoidado.
O tempo de duración: de 28 de outubro a 9 de xuño.
Duración das sesións:
1 hora e 30 minutos
Lugar: Centro Municipal de Servizos Sociais
Horario: martes de 16.30 A a 18.00h.
“CONSTRUÍNDO PONTES”
Conversas
de Recuperación da História de Fene.
Trátase
de sesións grupais nas que, a través dunha metodoloxía activa, traballaranse
aspectos relacionados coa história de Fene así como xogos ou cantigas de antes,
tradicións,……
Os
contidos do proxecto concretaranse coas persoas participantes do taller,
podendo escoller o tipo de documento a
realizar entre diferentes formatos como exposición de fotos, radio, boletín… para
compartir e visibilizar
Desenvolveranse
as sesións apartir do 19 de xaneiro de 2015 ate o 18 de
maio de 2015.
Día: luns
Horario: de
17:00 a 18:30 h.
Escola
de avós/as.
Obradoiros nos
centros escolares onde se traballará o material realizado en Construíndo Pontes
“ Lembranzas da infancia”
Estás actividades están abertas a poboación en idade madura, cun límite
de 20 prazas que se cubriran por orden
de inscrición. A actividade ten carácter gratuito.
Todas
aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición
cuberta no centro municipal de servizos sociais ou nas . entidades
colaboradoras.
Para calquera
información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL
DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1,
Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706
/ 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.dicoruna.es