Pin It

Widgets

Despedida del equipo de chave O`Pazo de Franza (Mugardos)



 Con cariño o equipo de chave O´Pazo  de Franza na súa retirada da chave



22-11- 2014



 Si queremos ter  futuro para este deporte temos que ter o dia o presente e non olvidar nunca o pasado, esta retórica ven a conto pois hoxe 22 de Decembro ano 2014 estamos eiqui a  recordar a este equipo un dos mellores da historia da chave, eles nos levan os anos 70 do século pasado , si non fora por estes homes e outros que os precederon este deporte autoctono houbera desaparecido en Ferrolterra , como desapareceron outros. Debemos estarlles agradecidos ainda que non fora mais que po-la súa perseverancia, xa tiñan toda-las papeletas para estar na historia da chave e ogalla que dentro de outros 50 anos,en esta cancha ou en outra,ou en calquer cancha de Ferolterra outros chaveiros , nos recorden  como nos agora estamos a recordar os que tamen hai 50 anos colleron a bandeira da chave  e que por certo a deixaron e a deixan ben alta .

 Todo-los chaveiros do Clube Amigosda Chave de Ferrolterra coñecen os chaveiros do equipo do Pazo pero poucos saben da sua traxectoria, da sua capacidade tecnica ea sua valia humana, a cal a foron conquerindo no transcurso de catro decadas que xa son palabras maiores.

 O equipo de chave O´Pazo fundase no ano 1977, con cancha en San Vitorio Franza, composto po-los xa chaveiros Paco Romero,Pedro Rodriguez e o xa falecido Sarmiento, xogaron uns anos xuntos e no ano 1980 integrase  Juanolo procedente do Casino de Franza, equipo que desapareceu entre os anos 1997,1998 pois no ano 1999 xa aparece Cantina Casino Progreso. No ano 1995 aparece Lino que viña de xogar no Júpiter de Andrade. E catro anos mais tarde e decir no 1999 incorporase Pachicho prodedente da Parada de Maniños e no ano2005 chega Mario que viña de xogar  do Jupe de Neda Estes seis chaveiros foron os que o longo de 37 anos viñeron conformando un equipo lider na historia da chave en Ferrolterra.

 Quisera facer si mo permitides un pequeño repaso a vosa traxectoria chaveira de unha forma mas pormenorizada.e tamén  mais personalizada para que se poida entender e comprender  a fidelidade que se pode ter a un deporte durante tantos anos como e o voso caso .

 Escomenzarei por Francisco Romero Feal ( Paco ) ten 64 anos, nado en Franza no 1950, escomenzou a xogar a chave no ano 1973 cando tiña 27 anos xogando practicamente todos estes anos no Casino deFranza ¿ equivocome ? .37 anos Xogando.

 Juan Manuel López Diaz con nome de guerra Juanolo ten  65 anos, nado en Maniños no ano 1949, escomenzou a xogar a chave  no ano 1977 con 28 anos xogando sempre  no Casino de Franza ata a sua incorporación o equipo do Pazo. 37 anos xogando. Non queria pasar sin contar un episodio ou mas ben fazaña en calquer caso  relevante dentro da súa traxectoria como chaveiro, e que lle pasou no  ano 1998 e que a prensa da época o recolle asi <  Se jugaba el XXXI Campeonato de llave Club del Mar de Mugardos ,era el 15 de de Julio cuando el conocido y reconocido jugador de llave J.Manuel López mas conocido como Juanolo, del equipo O´Pazo de Franza, jugandose la 2ª partida contra O Parrocho de Ares y en cuartos de final consigue 29 llaves de las 30 posibles dando fe el juez anotador Fontenla. E continua loubando o sucedido.

 Este recor o dia de hoxe ainda esta por superar, seguelle Paco chaveiro xogador do desaparecido Ribeira Náutico de Barrallobre hoxe do Limodre, con 27 Chaves.

 Benigno Blanco Brouzos alias Pachicho, ten 72 anos nado en Esteiro Ferrol , no ano 1942 , escomenzou a xogar a chave no ano 1960 cando tiña 18 anos, incorporase o Pazo no ano 1999. 54 anos xogando, carismatico chaveiro que  fixo curriculun xogando eventos ,campionatos etc, en numerosos equipos tanto na zoa de Ferrol como na banda sur da ria, Os Pulpeiros, Hnos. Romero, Auto Bar, Os Blancosetc., pero donde realmente realizou a sus traxectoria foi no As de Copas de Ares  e na  Parada de Maniños, dende o cal saltou O´Pazo..

 Marcelino Nuñez Fernandez, Lino, nado en Doroña Pontedeume no ano 1952 escomenzou a xogar a chave cando tiña 38 anos incorporase o Pazo no  ano 1995 procedente do Jupiter de Andrade non teño información de si xogou en outros equipos. 24 anos xogando .
 Mario Borjes Cardoso, nado en Alijó Portugal, no ano 1946 escomeza a xogar a chave  no ano 1986 cando tiña 40 anos, incorporase a O´Pazo no ano2005 procedente do Jupe de Neda,e vaise no ano 2013 para o San Pablo de Ferrol,xogou antes nos equipos A´Baiuca Xomar e Jupe . 28 anos Xogando
Pouco se pode decir con respecto o voso palmarés pois xa esta mais que sabido  pero non esta demais recordalo pero esta vez en cifras:

 Temos  primeiro que saber que o 1º Campionato de Liga foi no ano 1982 daquela baixo a tutela da Delegación Comarcal de Chave, polo cal ata este ano deberanse haber xogado trinta e dous Campionatos de Liga; a continuación fago relación somentes dos anos que teño información, o cal quere decirse que de ter a información completa en anos o voso palmarés seriaainda mas abultado.

 1986, 0´Pazo 2º, 1987 O´Pazo 1º  1994 , O´Pazo 2º,   1996 O´Pazo 1º,1997  O´Pazo 3º 1998, O´Pazo 3º;  2000 ,O´Pazo 1º; 2002 O´Pazo 1º; 2003 O´Pazo 2º; 2004 O´Pazo 1º, 2005 O´Pazo 1º; 2006 O´Pazo 1º; 2007 O´Pazo 1º; 2008 O´Pazo 2º; 2009 O´Pazo 1º; 2010 O´Pazo 1º; 2011 O´Pazo 1º; 2012 O´Pazo 2º ; 2013 O´Pazo 2º , 2014 O´Pazo 1º .
 Total : 13 anos de primeiros. 5 de segundos e 2 de terceiros, en 20 Ligas.

 Si sumamos os anos que levades xogando entre os cinco teriades 180 anos e decir unha media de 36 anos por chaveiro. 
             
 Compañeiros este e o meu humilde homenaxe e  un sentemento de agradecemento que comparten tamén   o resto dos chaveiros do Clube Amigos da Chave de Ferrolterra, Que teñades moita sorte na vida  e moitas grazas .

VIVA A CHAVE

Jaime Iglesias López Chaveiro do equipo Lúa Nova

Novembro do 2014

Leida o 22-11-2014 na cancha do Lúa Nova, no XVII Trofeo de chave Lúa Nova.

AQUÍ LES DEJAMOS  EL VIDIO


Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.