“¿Cantos accidentes ten que haber
para que o alcalde tome en serio a seguridade dos nosos veciños e veciñas?”,
pregunta Antón Noceda
Un novo accidente con
feridos nas curvas de Santa Ana pon de manifesto que as medidas adoptadas polo
PP nese tramo son claramente insuficientes, como volveu a advertir o portavoz
do grupo municipal socialista, Antón Noceda, no último pleno. O responsable
local do PSdeG-PSOE lamenta que o alcalde siga sen tomar en serio a seguridade
dos nosos veciños e veciñas malia as reiteradas peticións que o noso grupo vén
facendo dende setembro.
A
raíz da última iniciativa presentada polos socialistas, o alcalde anunciou a
través da prensa que se reforzaría a sinalización horizontal e vertical e que
se melloraría a capa de rodadura, pero no ultimo pleno escusouse dicindo que
como non é especialista na materia non sabe que tipo de medidas se deben adoptar.
Unha vez máis, Gumersindo Galego demostra que solo actúa de cara á galería, e
que as medidas adoptadas nas curvas de Santa Ana foron un simple parcheo para
intentar acalar as críticas.
Dende
o PSOE insistimos, e seguiremos facéndoo, en que non basta con colocar dous
sinais luminosos _un dos cales, por certo, non funciona correctamente_ para
advertir aos condutores da perigosidade das curvas. Fai falla tamén
sinalización horizontal e, sobre todo, que se leven a cabo as obras necesarias
para mellorar a capa de rodadura, que parece evidente que non reúne as
condicións de adherencia esixibles nese tramo e nunha vía desas
características.
“¿Cantos
accidentes ten que haber para que o alcalde tome en serio a seguridade dos
nosos veciños e veciñas?”, pregunta Antón Noceda. O portavoz socialista lamenta
que Gumersindo Galego siga dando mostras da súa incapacidade para gobernar o
Concello de Fene e para dar resposta aos problemas da cidadanía.