O Museo do
Humor de Fene acollerá durante o mes de marzo a exposición “Magola. 20 años sin
pelos en la lengua”, da caricaturista colombiana Nani Mosquera. A mostra poderá
visitarse do 3 ao 31 de marzo de 2015 na sala de exposicións temporais da Casa
da Cultura de Fene-Museo do Humor, en horario de luns a venres, de 10:00 a
13:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
Magola é o
personaxe estrela da caricaturista colombiana Nani Mosquera. É a tira cómica
colombiana máis internacional, publicándose todos os días en Colombia en varios
xornais, aínda que tamén se ten reproducido en xornais de España, Portugal,
Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Ecuador e Cuba, entroutros.
A mensaxe de
Magola non é outra que a igualdade de xénero e a defensa dos dereitos das
mulleres, dos nenos, dos/as traballadores/as inmigrantes, etc. Por iso, en
varias ocasións, o personaxe de Magola ten sido empregado como imaxe de
distintas ONG´s como a Cruz Vermella española ou arxentina.
Nani
Mosquera é o alcume artístico de Adriana Mosquera Soto, artista colombiana,
bióloga, escritora e deseñadora. Profesora honorífica do humor pola
Universidade de Alcalá de Henares 1998, gañou varios premios internacionais do
humor e foi xurado en salóns tan importantes como San Antonio de los Baños
(Cuba), AYAAC Convention en China ou o World Press CArtoon de Portugal. Nani
Mosquera caracterízase por traballar por facer visibles ás mulleres
caricaturistas no mundo. Publicou 14 libros e a súa tira cómica de Magola ten
sido empregada pola Cruz Vermella española e outras ONG´s como imaxe en
campañas contra a violencia de xénero. Máis información en.
www.nanicartoons.comhttp://sobreviviendoenpareja.blogspot.com.es/