Lembramos
que ésta é unha mostra itinerante. Os centros de ensino ou asociacións
interesados en dispor dela deben cumprimentar o formulario e asinar o documento
coas condicións de cesión que aparecen publicados no blog da exposición (polacarafene.wordpress.com).
Tamén se poden solicitar ao Museo do Humor por email: museodohumor@gmail.com ou por teléfono: 981 34 24 00 (de luns a
venres de 8 a 14,30 horas).
“Pola Cara”
amosa unha importante colección de caricaturas doadas para a ocasión por 53
debuxantes e caricaturistas galegos, españois e internacionais (Abraham
Carreiro, Ulisses Araújo, David Lara, Jorge Inacio, Carlos Sardiña, Christian
Jacob, Raúl Iglesias, Moisés Ramírez, Gogue, David Pintor, José Luis Castro
Lombilla, Baptistao, Polo, Walter Toscano, Xavi, Sebastian Cast, Armando Gámez
Padrón, Álex Gallego, Jarbas Domingos, José Julio, etc.). Entre os personaxes
caricaturizados salientan actores e actrices como Jack Nicholson, Laurence
Fishbourne, Laurel & Hardy, ou Judy Dench; deportistas como Neymar, Iniesta
ou Michael Schumacher; políticos como Rajoy, Pablo Iglesias, Obama, Fidel
Castro ou José Mújica; escritores como Gabriel García Marquez, José Saramago ou
Francisco Ayala; pintores como Pablo Picasso ou Frida Khalo; músicos como Mike
Jagger ou Freddy Mercury.