Pin It

Widgets

Fene acollé este domingo a V Conferencia de Fisioterapia e Podoloxía



Fene acollé este domingo día 3 de maio entre as 11.00 e as 13.00 horas, a V Conferencia de Fisioterapia e Podoloxia, organizado por o club de fútbol sala Ártabras en colaboración co Concello de Fene, que estará dividido en dúas partes. O evento desenvolverase onde habitualmente vimos celebrando as charlas, na Aula da Concellaría de Xuventude, Deporte e Ocio na Avenida Naturais 44, entrechán dereita en Fene.

A primeira parte será impartida por Sara Fonterosa Sánchez, fisioterapeuta colexiada nº 1333 pola UDC. Nesta parte da charla explicara as "Primeiras actuacións en caso de lesión" e "Vendaxes funcionais". Saber recoñecer eses sinais que nos avisan dunha posible lesión e saber se son importantes ou non, e se hai que chamar ou non aos fisios.

A segunda parte será impartida por Cristina Álvarez Pena. Diplomada en podoloxía, especialista en pé diabético e con formación en ortopodoloxía, biomecánica e curso de especialista en orteses dixitais. Falará sobre o "Coidado dos pés: plantillas, coidados básicos, lesións...".

Tanto Sara como Cristina forman parte do equipo de traballo de Clínica de Fisioterapia e Podoloxía Esteiro, un dos nosos patrocinadores.

A xornada formativa vai dirixida a xogador@s, familiares e adestrador@s de calquera deporte.

A entrada é de balde e sen necesidade de reserva de praza.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.