O concelleiro
de Promoción Económica, Juan José Franco, informou esta mañá da apertura da
Oficina Municipal de Turismo durante a Semana Santa. Así, as instalacións
abrirán as súas portas este xoves, 2 de abril, ata o próximo domingo, día 5.
O horario previsto é de mañá (entre as 10,30 e as 13,30 horas) e tarde (entre
as 17 e as 19,30 horas).
A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela,
ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes,
facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e
tamén a programación cultural e deportiva. Así mesmo, o edil de área engade que
veciños e visitantes terán nestas instalacións á súa disposición os programas e
guías da II Mostra Turística Vén a Fene”,nas que se inclúen todas as
actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ao longo do ano,
tanto as organizadas polo Concello como aquelas que promove o tecido
asociativo. Por último, Juan José Franco apunta que tamén se pon en servizo o
seguinte número para consultas: 981 34 40 82.