O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, e o
concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Juan José Franco, presentaron
esta mañá na casa consistorial a VIII edición do Concurso de Tapas Concello de
Fene 2015. Un certame que arrancará mañá mesmo, 1 de maio, coa participación
dun total de 26 establecementos hosteleiros de practicamente todas as
parroquias. Unha magnífica cifra que, para o alcalde, constata o éxito da
convocatoria. Precisamente, ao superar a veintena de locais, o concurso
prolongaráse por espazo de catro semanas, ata o 31 de maio. Os horarios de
degustación, segundo explicou o edil de área, serán os venres de 20 a 22 horas;
os sabados de 13 a 15 e de 20 a 22 horas, e os domingos, de 13 a 15 h.
Así
mesmo, Juan José Franco confía en superar os rexistros de participación da
edición anterior, cando se selaron máis de 8.000 tarxetas e completaron máis de
300 Fenerrutas. Os premios en xogo atraerán, sen dúbida, aos clientes. Entre
aqueles que selen as tarxetas sortearánse dez bonos de 20 euros para consumir
en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos “O
Cruceiro”, un mes de clase en calquera modalidade na Escola de Música Bellón
Maceiras, estuches de productos de bodega Palacio, lote de perfumería de Marta
Ameneiro Perfumería ou un pequeno electrodoméstico de Electro Agro Fene. Todos
eles, cedidos polas entidades e marcas citadas. E, os que completen as
Fenerrutas, entrarán a formar parte do sorteo dunha viaxe a Roma, Londres ou
París de catro días cortesía de Estrella Galicia; unha escapada rural cedida
por Organiza Viajes Fene; unha estancia nas bodegas Palacio, na Rioxa,
facilitada por Exclusivas Rivas Suárez SL, ou un ano de socio para unha persoa
no ximnasio Fitness Fene, cortesía deste.
En canto aos
establecementos, haberá dúas modalidades de competición –tapa creativa e tapa
tradicional- e dous xurados –popular e profesional-. E o o Concello editará
unha guía na que figurarán os establecementos participantes para darlles
promoción. Como novidade, o concelleiro avanza que o Concello programará maxia,
danza, máis música e incluso monólogos de humor.
Os
establecementos participantes son: Ambigú CPS, Bar Os Remos, Bar Viti´s, Café
Bar A Parada, Café Bar A Ponte, Café Bar Diosiño, Café Bar El Camarote, Café
Bar Jesy, Café Bar Las Vegas, Cafetería Bombay, Cafetería Chámalle X, Cafetería
Teima, Cantina O Pote, Cervecería Tapería Tívoli, Fussion, Liga de Amigos, O
Cuarto Camiño, O Lar de Kike, Cafetería Carballo, Cafetería Lembranza, O
Encontro de Leo´s, O Son de Cociña, Porto de Veiga, Pachamama, SCRD Agarimo e
Tortoni.