Pin It

Widgets

O Concello de Fene invita á veciñanza ás charlas abertas do programa Running para tod@s

A concelleira de Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, informou esta mañá de que, no marco do programa Running para tod@s, o Concello vén de programar unha serie de charlas abertas á veciñanza. Así, a primeira delas celebrarase este venres, 22 de maio, na Aula de Cultura –Avenida Naturais, 44, entrechán- e dará comezo ás 18 horas. Ao longo de tres horas, abordarase a actividade e a educación física de base, a marcha e a carreira como habilidade motriz esencial e a situación do running na actualidade. Todo isto, baixo unha visión sanitario-sociolóxica. Nesta liña, a edil recalca que a iniciativa está aberta á participación, polo que a entrada é de balde.

As charlas continuarán o 29 de maio, no mesmo escenario e co mesmo horario. Neste caso, tratarase a valoración funcional como ferramenta de control no running, valoracións fisiolóxicas, de forza central-periférica e podométrica.

E, pechando o ciclo, o 5 de xuño o Concello programa a última charla na Casa da Cultura, tamén de seis a nove do serán. Abordarase a alimentación, o soporte nutricional esencial na vida diaria e no deporte, así como o exemplo do running.
Tags: , ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.