Os votos do equipo de goberno non foron suficientes para sacar adiante unha segunda modificación de crédito para abonar facturas por traballos en viais e zonas verdes
O pleno do Concello de Fene debatiu esta mañá dous expedientes de modificación de crédito para afrontar o pago dunha serie de facturas. Pago que o alcalde, Gumersindo Galego, quería realizar antes de que conclúa a presente lexislatura, de modo que as arcas municipais quedasen co mínimo de facturas con proveedores pendente. E así se acordou en parte. O primeiro expediente recibía o apoio de todos os grupos municipais.
Permitirá ao Concello afrontar o pago duns 200.000 euros en facturas que se corresponden
con suministros de enerxía eléctrica, ferretería ou outro tipo de consumos efectuados en
decembro, pero que as compañías e empresas facturan en xaneiro.
O segundo expediente de modificación de crédito non saiu adiante, xa que os votos do equipo
de goberno non foron suficientes. Neste caso, a intención era liberar 100.000 euros para
abonar facturas por traballos de aglomerado de viais ou conservación e mantenemento de
zonas verdes, parques e xardíns, especialmente. Traballos que foron reclamando os veciños
pero cuxas partidas se foron esgotando ao traballar cun orzamento prorrogado. Ante a
negativa dos grupos da oposición de apoiar o expediente, convocaráse unha xuntanza na que
estarán presentes o concelleiro de Facenda, Juan José Franco; representantes dos grupos
políticos e tamén das empresas coa intención de abordar a situación e darlle solución.