Pin It

Widgets

Últimos días para apuntarse á II Carreira 10K organizada polo Concello a favor de Arraigo

Aberta a todas as idades, celebraráse o domingo 17, coincidindo co Día das Letras Galegas, e percorrerá Perlío, Barallobre e Maniños 

Fene acollerá o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, a segunda edición da Carreira 10K con fins solidarios e a concelleira de Deportes e Cultura, Rocío Bértoa, lembraba esta mañá que o prazo para inscribirse concluirá este xoves, día 14. Por iso, e por tratarse dunha iniciativa solidaria, animaba a toda a veciñanza a tomar parte na carreira que, por segundo ano consecutivo, terá como punto de partida e chegada a parroquia de Perlío, no entorno da praza Verde. Así mesmo, o itinerario tamén transcurrirá polas parroquias de Barallobre e Maniños.

Haberá diferentes categorías:
A absoluta, cunha cuota de participación de cinco euros e a andaina, de tres, namentras que as carreiras menores están exentas de abono. Nos dous primeiros casos, a inscripción debe formalizarse na web www.nortsport.es ou no pavillón da Xunqueira, en San Valentín de luns a venres de 9 a 14 e os mércores tamén pola tarde, de 16,30 a 19 horas. No caso das carreiras menores (os nados entre os anos 1998 e 2011), o punto para anotarse é o portal da Federación Galega de Atletismo: www.fgatletismo.es/ferrol. Haberá agasallos para os participantes máis novos e trofeos para os primeiros clasificados na categoría absoluta. Ademáis, a concelleira destacou a colaboración dos
membros de Arraigo, que apoiarán á organización en labores de avituallamento e, tamén, da Policía Local e Protección Civil, que desplegarán efectivos ao longo de todo o percorrido.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.