A Concellería de Medio Ambiente de Fene ven de publicar unha nota
informativa dirixida aos madeiristas na que se lles da conta da obrigatoriedade
de solicitar licenza de uso especial de dominio público cando empreguen
vehículo cos que se vaian realizar traballos de transporte de aproveitamentos
forestais.
Segundo se explica neste documento, “a circulación de vehículos de
transportes de cortas forestais por vías de titularidade municipal debe ser
considerada, pola intensidade do uso que fan destas vías, como un uso común
especial destas”. En base a isto, todos aqueles vehículos que vaian facer
traballos de transporte de aproveitamentos forestais, deberán solicitar no
Concello a correspondente licenza municipal, aportando a seguinte
documentación: solicitude (na que se especificarán as datas previstas
para realizar o transporte, os datos do madeirista responsable ou da empresa
extractora, localización da finca/monte afectado, lugar de depósito, camiños ou
vías a utilizar nos traballos e no transporte da madeira e vehículos a utilizar
no transporte), copia do permiso de circulación e ficha técnica do vehículo
e copia do permiso de corta, expedido pola autoridade competente.
Para máis información, dirixirse á Concellería de Medio Ambiente do
Concello de Fene: tfno. 981 492 707.