A Concellería de
Cultura e Ensino do Concello de Fene organiza para este sábado no CCRD de
Perlío a actividade "Encontros dos
axóuxeres", proposta para bebés e nen@s de ata 6 anos. A actividade comezará
ás 12 do mediodía. A entrada é de balde pero con reserva previa ate completar a
capacidade (100 persoas). As persoas interesadas en participar cos seus nen@s,
poden inscribirse en horario de 10.00 a 13.00 horas no teléfono 697 363 089.
"A festa da música,
dos xogos e das palabras. Encontros para a xente miúda da casa" é unha
iniciativa de promoción da transmisión interxeracional da lingua galega. Por
medio da música, do xogo e das palabras, con esta actividade búscase favorecer
a incorporación do idioma nas familias e ofrecerlles unha proposta de lecer en
galego.
Os Axóuxeres son o encontro da
xente miúda da casa coas artes escénicas, co teatro, coa música en directo...
cos primeiros xogos e coas primeiras cancións en galego. Trátase dunha festa que,
por primeira vez, os asistentes poderán levar para casa nun cedé que o programa
agasallará a todas as familias participantes.
Actividade organizada pola
Concellería de Cultura e Ensino, no marco da Rede de Dinamización Lingüística.