O XURADO ACORDOU DEIXAR
DESERTO O PRIMEIRO PREMIO
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhg7XSZZG3B8FFTB8tQiS-mO4OTxMGaB8eF21spss3xOgVbAr6m839QjUitWUvoG8Hcp8rqfGBW_Z6mpsoumr9odJvW7iGceUnEhSPzcy3cVckqKCG5AAv1gfGfuBf3xNb5_DEYUM-N37ei/s400/DSC_0007.JPG) |
De
esquerda a dereita: Almudena Marcos, coordenadora do Museo do
Humor
de Fene, e o Xurado do "Premio Curuxa 2015", formado por:
Andrés
Meixide, humorista gráfico; Juventino Trigo, alcalde de Fene;
Amalia
García, concelleira de Cultura e Ensino; Siro López, humorista
gráfico;
David Pintor, humorista gráfico; Daniel Romero, xestor de
actividades
culturais do Concello de Fene (secretario do Xurado)
|
O
xurado do XVIII Concurso de Humor gráfico “Curuxa do Humor”, reunido esta mañá
no Museo do Humor de Fene, acordou outorgar o segundo premio do certame á obra “Que
rolo de guerra”, do autor Manuel Arriaga de León, e deixar deserto o primeiro
premio ao considerar que “ningún dos traballos presentados a concurso acadaba o
nivel de calidade de debuxo e humor esixido a unha convocatoria con esta
traxectoria, prestixio e dotación económica”.
Á hora
de outorgar o 2º premio do XVIII certame “Curuxa do Humor”, o xurado valorou a
temática escollida polo autor, Manuel Arriaga de León, “a condena da guerra en
clave de humor, cun razoamento incuestionable: o absurdo da guerra e o feito de
seren sempre (as guerras) contrarias aos intereses populares”. A nivel técnico,
segundo o xurado, trátase dunha ilustración que segue a tradición do ´cartoon”
americano.
O xurado do XVIII premio “Curuxa do Humor” estivo formado polo
alcalde de Fene, Juventino Trigo, a concelleira de Cultura e Ensino, Amalia
García, o xestor de actividades culturais do Concello, Daniel Romero, e os
humoristas gráficos Siro López, David Pintor e Andrés Meixide.
Segundo
informa a Concellería de Cultura e Ensino, o premio para o autor da obra premiada
consistirá nunha gratificación ecónomica
de 1.500 euros e diploma. O acto de entrega do mesmo terá lugar o
venres 6 de novembro ás 20 horas nas instalacións do Museo do Humor de Fene e
en presenza do alcalde de Fene, Juventino Trigo Rey, e da Concelleira de
Cultura e Ensino, Amalia García Balado. Nesa mesma xornada, amais da entrega
galardón ao autor premiado este ano, comezará no museo fenés o ciclo “Novembro Mes
do Humor”.
O Premio Curuxa do Humor é un certame
que o Museo do Humor de Fene organizou de xeito ininterrompido e cunha
periodicidade anual dende a súa fundación, en 1984, ata o ano 2007 e que o
Concello de Fene recuperou no ano 2014 con motivo da conmemoración do seu 30º aniversario.
O certame naceu co obxectivo de premiar aos mellores humoristas gráficos do
país e, coa súa recuperación, a Concellería de Cultura e Ensino pretende
outorgar ao Museo do Humor unha maior proxección pública, tanto en Galicia coma
no resto de España.
Vinte orixinais se presentaron a esta
convocatoria dos premios Curuxa. A procedencia dos mesmos foi moi variada,
remitíndose dende cidades e vilas tan dispares como Fene, Ferrol, A Coruña,
Santiago de Compostela, Vigo, Zaragoza,
Sevilla, Picassent (Valencia), Alicante, Arrigorriaga (Vizcaya), Barcelona ou
Azuqueca de Henares (Guadalajara).
J.Aguilar
Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.