O Museo do Humor de Fene acollerá
este xoves día 22 ás 20 horas unha conferencia do debuxante, ilustrador,
humorista gráfico e editor Kiko da Silva. Con esta charla, organizada pola
Concellería de Cultura e Ensino, preténdese afondar no coñecemento da revista
“Retranca”, publicación que centrou a última exposición producida polo Museo do
Humor de Fene e que se amosa ata o vindeiro
31 de outubro na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene.
Recoñecido impulsor da historieta en Galicia, no ano 2007 Kiko da Silva emprendeu a edición da cabeceira satírica Retranca, revista de vocación popular adicada ao comentario humorístico da actualidade galega. “Retranca” durou xusto catro anos. Editáronse 33 números entre novembro de 2007 e novembro-decembro de 2011. O número de xaneiro-febreiro de 2012 xa non veu a luz, porque a empresa que a distribuía, Coedis, entrou en concurso de acreedores e deixou de pagar a todos os seus proveedores.
Kiko da Silva (Vigo, 1979) é autor de banda deseñada, ilustrador e editor. Licenciado en Belas Artes pola especialidade de pintura, iniciou a súa traxectoria profesional en 1998. Amais de publicar viñetas no xornal La Voz de Galicia, colabora semanalmente na revista El Jueves. Tamén participou nas publicacións Golfiño e Mister K. Como ilustrador, salientan del títulos como “Cuando Matías tuvo ganas de hacer pis en la noche de Reyes”, “Sar, Sarela y los monstruos de Compostela”, editados por Kalandraka, e “Fiz”, do selo Faktoria K. Ademais, foi cofundador da revista BDBanda (premio do Salón do Cómic de Barcelona 2007) e creador da editorial Retranca, na que editou as revistas de humor gráfico “Fiz” e “Retranca” (premio do público á mellor revista no Salón do Cómic de Barcelona 2007). Actualmente é o director da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración “O Garaxe Hermético”, en Pontevedra. Co seu último álbum publicado, “El infierno del dibujante”, Kiko da Silva recibiu o Premio Castelao de BD 2014.