A concellería de
Persoal, Seguridade, Formación e Emprego, en coordinación coa Policía Local de
Fene, traballa na realización de varios proxectos encamiñados a mellorar a
seguridade viaria nunha das arterias principais do municipio; a Avenida Marqués
de Figueroa.
Mellorar a
iluminación, buscar novos sistemas de sinalización lumínica dos pasos de peóns,
que garantan a seguridade e tamén a sostibilidade ambiental, e reducir a
velocidade nesta vía, son algunhas das actuacións previstas no proxecto que,
tal e como declarou a concelleira responsable, Sandra Permuy, "dotarán a
esta avenida dun equipamento adaptado ao urbanismo do século XXI; ecolóxico,
seguro e moderno".
A Avenida Marqués
de Figueroa rexistra desde hai anos un nivel alto de sinistros por atropelos,
dado que se trata dunha vía con moita actividade comercial e de ocio e, polo
tanto, moi transitada por vehículos e por peóns. Esta actuación integral buscar
rematar con estes sinistros e, ao mesmo tempo, facer a rúa máis accesible e
cómoda para a veciñanza.