O
pasado cinco de Outubro, botou a
andar o XVIII Trofeo de Chave “ Lúa Nova
2015” penúltimo dos chamados trofeos vran, penúltimo pois o dia dous de
Novembro escomenzou o Campionato do Imaxina Pazos que pecha este ano o ciclo.
Este clásico escomenzou o 5
de de Outubro e rematou o sábado 14 de Novembro,a participación de equipos foi
importante 23 escuadras con 100 chaveiros procedentes de todo Ferrolterra
fixeron posible este evento.
Puxeronse a tarefa con
ilusión e con gañas de gañar pero sendo sabedores que soio tres ian tocar
podio. O organigrama de xogo correu a carrego do equipo Lúa Nova, e o
regulamento do trofeo según o establecido no Regulamento do Clube Amigos
da Chave de Ferrolterra como ven sendo habitual.
Rematada a primeira fase e
os oitavos, os equipos que quedaron emparellados para a seguinte fase foron os
seguintes :
- O Pazo - Lua Nova “A”
- Outeiro – Serantes “A”
- 4 Camiños - Imaxina Pazos
- San Juan – L.S Limodre
Para semifinais quedaron
clasificados O´Pazo, L.S.Limodre, Outeiro e Imaxina Pazos
os perdedores de semifinais
Outeiro e Imaxina Pazos tiveron que dirimir quen de ambo-los dous ia a xogar a
final, pasando o Outeiro tras gañarlle as dúas partidas.
O´Pazo, Limodre e Outeiro
foron os protagonistas da final. O´Pazo situouse de primeiro tras vencer o L.S. Limodre por 39 -42 chaves,
contra as 37-36 chaves realizados po-lo L.S. Limodre e Outeiro por 40 -43 contra as 43 – 34 chaves.
A clasificación quedou asi:
1º .- O´Pazo con os chaveiros Juanolo,
Riki e Pachicho.
2º .- Outeiro con os chaveiros Juan, Pope
e Chao.
3º .- L.S. Limodre con os chaveiros Luis,
Bastida e Paco.
Máximo chaveiro da 1ª fase
quedou León chaveiro do Lúa Nova con 61 chaves.
Máximo chaveiro da final Luis
Bermúdez chaveiro do L.S. Limodre con 65 chaves.
O remate das partidas e
despois da entrega de trofeos, o Bar Lúa Nova e con Manel o fronte como mestre
de ceremonias deleitou os asistentes con
unha proposta culinaria moi interesante, que agradeceron todo-los asistentes, equipos,
chaveiros e convidados.