Pin It

Widgets

A Concelleira de Persoal do Concello de Fene esíxelle ao portavoz do PP respecto polo persoal municipal


Sandra Permui Meizoso


A Concelleira de Persoal e tenente de alcalde do Concello de Fene; Sandra Permui, manifesta a súa indignación polas declaracións verquidas polo anterior alcalde e portavoz popular Gumersindo Galego. Para a Concelleira é absolutamente indigno que un señor que foi alcalde critique desprestixiao persoal municipal, cando este debe estar fora de toda discusión política.
“O persoal municipal é dirixido por una concelleira e se hai algún problema ou crítica o SR. Galego debe dirixila a min” afirmou  a concelleira.
A xestión do PP en materia de persoal nos últimos anos foi a da conxelación salarial, a retirada dunha paga extra, a eliminación de días de vacacións, a conxelación de ofertas de emprego e outros dereitos elementais. 
No concello de Fene o persoal conta cuns representantes que son os lexítimos defensores das condicións do seu emprego e se algo ocorre é esta representación a que actúa en interese do traballador. 
A crítica dos populares de dar cobertura temporal dun posto con outro traballador cualificado é absurda ademais de ridícula xa que nin se vulnera dereito algún nin se prexudica a ninguén, se non todo o contrario xa que  se mantén un servizo básico como é o do electricista municipal.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.