Pin It

Widgets

Escrito del concejal de obras, sobre el aparcamiento de San Valentín



Aparcamento de San Valentín

 



Antón Lois Noceda Carballo

Despois de leer o artigo sobre o aparcamento de San Valentín e dende o respeto ao enfoque do mesmo que non podo compartir pois creo que non se corresponde coa realidade querría aclararlle algunhas cuestións.
1. A concellería de obras e servizos durante a execución das obras, en diversas ocasións, requiriu á empresa tanto directamente como a través da direción técnica das obras sobre a necesidade de previr os efectos dos afloramentos de auga no lugar en que se estaban a executar as obras.
2. Unha vez rematadas as obras lamentablemente poidemos comprobar que as solucións técnicas implementadas pola empresa contratada non impediron que se pruduciran afloramentos de auga entre a placa nova e a vella, desprendementos da capa superficial sellante e humedades na soleira de formigón.
3. Por isto a empresa foi requerida para que subsanase as deficiencias de execucion. De feito quedouse con eles en que iniciasen a súa subsanacion. Que realizará nun prazo de 3 ou 4 semanas. Agás a capa sellanante que se esperará un pouco mais co obxecto de comprobar se as deficiencias se limitanan a esa capa ou afectan ao formigón. (A garantía non remata ata pasado o mes de setembo).
4, As obras de adecuacion serán por conta da empresa e de negarse se executara a garantía que teñen depositada no Concello. En ningún caso se fara a cargo dos veciños/as.
5. As obras que realizaron os operarios municipais na zona o luns non teñen que ver coa obra realizada. Implementaronse na marxe contraria da rúa co obxeto de aranxar de xeito provisional os apozamentos de auga que se producían nesa zona incluso antes de que se realizara intervención algunha no aparcamento.
Finalmente rogarialle que na medida do posible procedese a corrixir aqueles aspectos do artigo que non concordan coa realidade. No demais reciba un cordial e atento saúda.
Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.