A
imaxe dos colectores de residuos sólidos de Fene é das que vale máis ca mil
palabras, porque o lixo non está só dentro dos contedores, senón tamén por
fóra, como pode apreciarse nesta fotografía tomada en San Valentín. O PSOE de
Fene considera que xa abonda de desidia por parte do goberno municipal do BNG,
ao que esixe que proceda á limpeza dos contedores e que a esperte da parálise
que está a impedir que o Concello de Fene realice nas debidas condicións a
prestación de servizos básicos para a cidadanía. Como as cousas sigan así “imos
ter que esperar a que chova para que se limpen os contedores”, ironizan os
socialistas feneses.