Debido as discrepancias xurdidas ca
actual Corporación, na Organización, Formato e maneira de levar a cabo esta
Actividade, a Asociación Cultural O TADETAS, non nos quedou outra, que tomar a decisión de non
organiza-lo Encontro de Artesán de San Valentín 2017.
Non compartimos a idea, de que o actual
goberno municipal do BNG, queira asumir a organización de un evento que dende hai
moitos anos veñen realizando as Entidades Sociais, nun principio foi o CPS de
San Valentín que comezou a organización con a Xuntanza de Palilleiras,
para logo continuar co Encontro de Artesán, actual formato que
a Asociación Cultural O TADETAS estivo organizando nestes últimos anos.
A razón esgrimida polo Concello, de
converter o Acto, nun homenaxe as escolas de palilleiras, e que ditas escolas
colaboren, xunto co Concello, para organizar
o devandito Evento.