A proposta foi aprobada no pleno de
hoxe por 12 votos a favor, 1 en contra de EU e 5 abstencións do BNG
PP, PSOE e Somos Fene defenderon e
sacaron adiante no pleno de hoxe unha proposta de obras para incluír no plan
provincial POS+. Os tres grupos da oposición maniféstanse cansos dos da falta
de vontade negociadora do alcalde, que, por se fora pouco, a día de hoxe
descoñece que cantidade do novo plan provincial se vai destinar a obras no
Concello de Fene nin ten valorados os seus propios proxectos. Como alternativa
a este desgoberno, PP, PSOE e Somos Fene presentamos a seguinte
MOCION URXENTE
DOS GRUPOS MUNICIPAIS DO PARTIDO POPULAR DE FENE, GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE
FENE E SOMOS FENE, PARA DEFINIR A PRIORIDADE DOS PROXECTOS A INCLUIR NO
POS+2017
DON ANTON LOIS NOCEDA CARBALLO, Voceiro
Grupo Municipal Socialista, D. GUMERSINDO PEDRO GALEGO FEAL, voceiro do Grupo Municipal del Partido Popular, e
DON XOAN MANUEL RODRIGUZ BASTIDA, Voceiro
de SOMOS FENE, de conformidade co establecido
na lexislación vixente presentan esta MOCION
para o seu debate y aprobación polo Pleno do Concello de Fene con base nos seguientes.
ANTECEDENTES
O pasado martes 29 de novembro de 2016 a Deputación Provincial de A
Coruña publicaba no BOP a aprobación das Bases
Reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia
Municipal (Plan Único de concellos)
POS+ 2017.
Dende esa data os diferentes grupos da oposición teñen reiterado en
diversas ocasión ao Goberno de Fene (BNG-EU) a necesidade de informar canto
antes sobre a cuantía disponible para este Concello, unha vez realizados os
cálculos de facturas pendentes de pago, a cantidade destinada a amortización de
débeda bancaria e ós programas de cultura, deportes e servizos sociais, que se
fusionan neste novo POS+.
Así mesmo, tamén os diferentes grupos da oposición teñen solicitado ó Goberno
do Concello de Fene (BNG-EU) que avance unha proposta de actuacións para que se
valorasen polos diferentes grupos que compoñen a Corporación.
O Goberno do Concello de Fene non da resposta ata á Comisión de
Desenvolvemento Territorial celebrada o martes 24 de xaneiro de 2017 e a
xuntanza de voceiros realizada o 25 de xaneiro de 2017, perdendo dous meses nos
que se poderian ter adiantado os traballos de selección e elaboración de
proxectos.
Nesa xuntanza diferentes grupos políticos realizan achegas á proposta
do Goberno e solicitan unha valoración económica do conxunto co obxecto de
facilitar o procedemento para fixar a prioridade das obras a incluir.
A día de hoxe, o Goberno de Fene só ten entregado a valoración da
metade das intervencións propostas. E só foi capaz de adiantar unha cantidade
aproximada do importe que corresponde ao Concello de Fene para proxectos a
incluir no POS+.
O pasado martes 31 de xaneiro, O Alcalde de Fene. Sr. Trigo Rey, ás
14.55 h. realiza unha convocatoria por mail aos voceiros dos diferentes grupos
políticos para xuntarse, o mércores 1 de febrero, as 9.00 h., para definir unha proposta para o POS+ 2017.
Xuntanza á que dada a premura de tempo varios voceiros informan da
imposibilidade de asistir e afean as formas empregadas por Trigo Rey na
convocatoria da mesma.
O xoves día 2 nos sorprendemos lendo na prensa que a única
discusión entre Gobernó e oposición era si se facián as pistas de padel de Fene
ou a área recreativa de San Valentín. Extremo do que a maioría dos grupos da
oposición son alleos posto que o Goberno todavía non empezou a discusión coa
maioría deles. A maior abondamento enriba da mesa hai case 40 propostas de
intervención e no POS+ 2017 non hai dotación nen sequera para a metade deles. De
certo a discusión das obras do POS+ 2017 con al menos 2 forzas políticas do
Concello nen sequera comezou.
As forzas políticas asinantes da presente moción entendemos que os retrasos na definición das obras a
incluir no POS+ 2017, a ocultación
dos datos solicitados, as deficiencias
na convocatoria das xuntanzas de traballo, e o difusión de información trexiversada aos medios de comunicación
mostran a nula intención do Goberno
de Fene (BNG-EU) de dialogar e consensuar coas forzas políticas da oposición
a proposta para p POS+ 2017.
Ante esta situación insolita, a premura de tempo para elaborar os proxectos a incluir no POS+
2017, a xestión esperpéntica do Gobernó
de Fene dos traballos para a inclusión do noso Concello no POS+ 2017 e o risco certo de que rematen os prazos
sen proposta e sexa imposible tramitar a solicitude en tempo e forma,
os asinantes da presente proposta entendemos que é imprescindible trasladar ao
pleno o debate sobre os proxectos a incluir na proposta do Concello de Fene ao
POS+ 2017.
Por todo elo solicitamos do Pleno se tomen o seguinte ACORDO:
-
Instar ó goberno a que proceda de
inmediato a realizar os traballos para a inclusión no POS+ 2017 das obras que
se indican a continuación incluindose pola orde indicada na solicitude ate
acadar o importe da cantidade asignada, máis as incorporacións da Deputación e
as baixas.
1) 1º Fase do saneamento de augas fecais por
gravidade no Feal e nas Picas (Magalofes).
2) Separarativa
de pluvias e fecais da rúa Tellerías e O
Regueiro e conexión das fecais ao
colector e estación de bombeo, incluído a conexión da separativa de pluviais e fecais dos bloques
5 a 12 da Avda. do Mar ao colector (San Valentín).
3) Substitución
de tubería da auga na Avda. Porta do Sol
tramo do Camiño de Buios a Talleres Santa Ana do Sol e cambio do
enganche da auga para o camiño de Buios. (Fene).
4) Saneamento
de augas fecais por gravidade no camiño do Regueiro (Sillobre)
5) Eliminación
dos vertidos no Carril (Barallobre).
6) Mellora
de firme con MBC no último tramo do
camiño (40 m.) Volta do Ramo
(Barallobre).
7) Arranxo
do tellado da Galiña Azul. (Perlío).
8) Arranxo dos vestiarios do Campo de Fútbol.
(Perlío).
9) Reforzo
con Rego Asfáltico triple por zonas dende
o cruce da rúa Travesa e a rúa
Gerardo Díaz ata o Lavadeiro de Mundín
(Perlío)
10) Rego
asfáltico na rúa Unión – Souto Bello (Maniños).
11) Camiño
perpendicular ao camiño da Fonte (Rúa penela) e/ou rúa Coto Pequeno (Limodre).
12) Pistas
de Padel (Fene).
13) Reurbanización
do - Bloque 5 en San Valentín e reforzo
do firme na Avda. da Cooperación tramo Avda. do Mar ao Economato de ASTANO.
(San Valentín).
14) 1º
Fase Saneamento por gravidade Zona de Buio (Sillobre)
15) Reforzo
con rego asfaltico triple dende o lavadeiro de mundín ata a NVI (Zona de Santa
Ana) (Fene).
16) PARQUES
INFANTÍS: Adaptación á normativa dos parques infantís: Parque Infantil do Río
Cádavo (Fene), Parque infantil de San Valentín (Pavillón) (San Valentín) e
Parque Infantil da Ribeira (Barallobre).
17) Substitución
tubería de auga potable no cruce de Fene (Fene).
18) Mellora
do peche da pista polideportiva de San Valentín peche perimetral e pavimento
(San Valentín).
19) Substitución
de tubaxes de auga e reforzó de firme (MBC) no Cádavo (Perlío).
20) Estabilización
e reposición de obras de contención nas marxes do río cádavo en varios puntos
(Perlío).
21) Mellorar
as beirarrúas da Avda. Naturais na marxe dereita (Fene)
22) Reforzo
de firme con MBC na rúa Alta (Perlío).
23) Reforzo
do firme con rego asfáltico triple no camiño de Mundín (Tramo Lavadeiro-ó
camiño dos Pinares) (Perlío).
24) Area
recreativa de San Valentín.
25) Ampliación
dos nichos no cemiterio municipal de Fene.
26) Reforzo
do firme con MBC na rúa Fontelonga (Fene).
27) Reforzo
de firme con MBC nas rúas Xunqueira,
Peirao e Hortelá (Perlío).
28) Reforzo
de firme con MBC da rúa do edificio de Servizos Sociais (San Valentín).
29) Ampliación
de Beirarrúas na Avda Naturais. (Fene).
30) Reforzo
de firme con regos asfálticos no camiño de San Marcos (Moreira) (Sillobre).
31) Adquisición de luminarias para substitución de puntos de luz NON
32) Redacción dos proxectos NON
Fene a 2 de Febreiro de 2017.
D. ANTON LOIS
NOCEDA CARBALLO / D. GUMERSINDO GALEGO FEAL / D. XOAN MANUEL RODRIGUEZ BASTIDA