A Responsábel
Local do BNG de Fene quere saír ao paso das declaración realizadas polo portavoz
del PP de Fene e exalcalde, Gumersindo Galego, en relación ao
anuncio da licitación da renovación dos servizos na Avenida das Pias.
O PP distronsiona
a realidade e minte, ben por descoñecemento ben por mala fe.
A obra que se ten
anunciado de importe superior aos 300.000 € vai a supoñer a solución por moitos
anos das roturas da tubaxe da auga na Avenida das Pías. Nesta zona entra a
traida de auga para todo o Concello, polo que é moi importante solucionalo.
O portavoz do PP
retorce a realidade cando di que se aprobou en 2015, o que se aprobolu polo
Pleno en 2015 foi a solicitude da obra a Deputación dentro dun dos Plans
provinciais, unha vez concedida a axuda provincia, encargouse o proxecto en
novembro de 2015 e foi aprobado polo Pleno o 6 de abril de 2016. Polo tanto non
hai nin un ano que se ten aprobado o proxecto.
Os nacionalistas
queremos recordar que en agosto de 2016 o Alcalde do BNG cesou das súas
funcións, entre outros, ao delegado de obras. Esta concellaría de obras no mes
de agosto de 2016 tiña os proxectos parados e sen iniciar os procedementos de
licitación.
Goberno en
Minoría, o BNG e IU con 5 membros de 17 da corporación ten formalizada a
adxudicación das seguintes obras do Plans provinciais nos últimos meses:
1-Acondicionamento e mellora da
rúa Travesa 41.253,01 €
2-Pavimentacións varias en
Barallobre e Maniños e alumeado público no entorno da pista polideportiva de
Magalofes 34.897,95 €
3-Pavimentación da estrada de
Laraxe dende Areosa (Limodre) 24.822,37 €
4-Pavimentación nos camiños da
Revolta a Formosende (Fene), rúa Río Cádavo (Perlio), de Castro dende os
Loureiros (Barallobre) e Valadoiro 47.815,31 €
5-Mellora da drenaxe e reforzo
do firme no núcleo de Lubián (Sillobre)- 49.575,92 €
6-Pavimentación do camiño do
Catalán (Maniños) - 66.489,08 €
7-Mellora de camiños
municipais: camiño do Cemiterio de Campanario (Limodre) e camiños da
Ribeira-Barreiro e do Belelle (Sillobre)" 56.562 €
E ten iniciado o procedemneto
desta obra, a máis complexa polos importes e autorizacións.
8-Renovación de servizos e
pavimentos na Avda. das Pías (Estrada FE-14) Fase 1. 293.504,35 €
Para o BNG resulta lamentable a vontade de prexudicar a
imaxe da administración local do PP, cando Fene funciona mellor que en moitos
anos no que ten que ver con prazos e procedementos.