Pin It

Widgets

O CONSELLO LOCAL DO BNG ACEPTA TRASLADAR Á COMISIÓN INFORMATIVA A PROPOSTA DA VECIÑANZA DE RECUPERAR O NOME DA AVENIDA DO CONCELLO

O Consello Local nacionalista mantivo unha xuntanza o pasado luns cunha representación
das veciñas e veciños da actual rúa Alcalde Ramón Souto, na que compartiron as
inquedanzas do colectivo tras o quinto cambio de nome da antiga Avenida do Concello na
que residen ou teñen os seus negocios.

A proposta que lle trasladaron os nacionalistas foi moi concreta, acordar coa veciñanza os
termos dunha proposta que honre acaidamente ao Alcalde Ramón Souto, asasinado no
golpe fascista do 1936, e ao tempo que a Avenida do Concello manteña este nome.
O Consello local propúxolles manter unha xuntanza de traballo para deixar lista a proposta e
así poder trasladala á comisión oportuna deste mes de abril.

Para o BNG a proposta ten que acadar o máximo apoio da corporación xa que cambios deste
calado hai que facelos, logo dun debate, por consenso ou por unha maioría moi cualificada
polo que chamaremos á responsabilidade dos grupos políticos municipais e a que acheguen
criterios construtivos.
Tags: ,

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.