Pin It

Widgets

O estado do Parque do 10 de Marzo é un novo exemplo de abandono dos espazos públicos por parte do goberno do BNG



O goberno municipal do BNG de Fene ten dado sobradas mostras da súa escasa (por non dicir nula) preocupación pola conservación dos bens e dos espazos públicos. Un novo exemplo atopámolo no Parque do 10 de Marzo, onde as probas da desidia do executivo de Juventino Trigo están á vista en marquesiñas, maleza e, especialmente, no mobiliario urbano. Os bancos da praza e moitos outros do Concello necesitaban dende hai meses que se realizarán tarefas de mantemento, por iso no mes de xullo de 2016, hai 9 meses, o daquela concelleiro de Obras e Servizos, o socialista, Antón Noceda, iniciou a os traballos de mantemento dos bancos no Parque do Río Cádavo, e planificáronse labores de mantemento para os bancos de todas as parroquias. O 10 de agosto o BNG decidiu prescindir dos concelleiros do PSOE que lle permitiran ser elixido alcalde, e tamén decidiu suspender eses traballos.  Froito desa falta de mantemento atopámonos agora con que as madeiras están rotas ou, en moitos casos, inservibles.

Os Socialistas de Fene insistimos en que o goberno municipal ten a obriga de velar polo mantemento e a conservación dos bens públicos, pagados cos impostos de todos, pero non só por unha cuestión económica, senón, e sobre todo, de seguridade, xa que debemos ter en conta que a maior parte dos usuarios dos parques son nenos e nenas e persoas maiores.



Tags:

J.Aguilar

Bienvenido a Fene.com1. Descubre el blog con noticias de Fene, Ferrol y comarca, eventos, a través de los artículos de nuestro Blog otras informaciones gran cantidad de imágenes antiguas de Fene, Ferrol y comarca, así como relacionadas con la construcción naval.